Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Malpica esixe ao alcalde que explique se a Guardia Civil estivo no concello para investigar ao concelleiro de Obras

O voceiro socialista na localidade, Walter Pardo, sinala que “a presencia da Guardia Civil no Concello indícanos un asunto moi grave, e o alcalde non pode permanecer calado ante este asunto”


O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños esixe ao alcalde, Eduardo Parga, que explique se a Guardia Civil estivo no Concello para facer indagacións sobre o trato que tivo o concelleiro de obras, Miguel Fernández Mirás, cun traballador municipal.

Dende o grupo municipal socialista veñen de rexistrar no Concello unha pregunta ao alcalde neste sentido. O voceiro socialista en Malpica, Walter Pardo, esixe “que o alcalde saia a dar explicacións públicas ante a veciñanza sobre este tema”.

Pardo sinala que “o publicado na prensa e a noticia que temos da presencia da Guardia Civil no Concello indícanos un asunto moi grave, e o alcalde non pode permanecer calado ante este asunto”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes