O PSOE de Malpica denuncia “o despilfarro e a falta de control” do Concello trala aprobación dun novo suplemento de crédito
-“O propio señor Parga confirmou que remataron cos aforros que había, deixámoslles 3 millóns de euros de remanente e agora están levando o municipio á ruína”, critica o PSOE
-O Grupo Municipal Socialista votou en contra de dito suplemento no pleno, criticando a abstención por parte do BNG, “que sigue autorizando a xestión do Partido Popular”
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños criticou a aprobación dun novo suplemento de crédito no pleno municipal co voto a favor do PP e a abstención do BNG.
“No último pleno aprobouse o enésimo suplemento, empregando 500.000 € dos aforros do Concello para pagar facturas de traballos ou servicios sen dotación presupuestaria para o exercicio do 2024”, explican dende o Grupo Municipal Socialista.
“O propio señor Parga confirmou que remataron cos aforros que había, deixámoslles 3 millóns de euros de remanente e agora están levando o municipio á ruína”, denuncia o PSOE.
“Xa vimos advertindo de toda esta desfeita económica e non podemos darlle o visto bo ao despilfarro e a falta de control, que, para colmo, non redunda positivamente na vida diaria da veciñanza”, lamentan.
Para o Partido Socialista, “un voto que non sexa negativo sería ser cómplice de este proceder que leva o Concello á ruína”. “O BNG optou pola abstención, un voto que sigue autorizando a xestión do Partido Popular”, sinalan dende a organización.
“O BNG sigue exercendo de muleta necesaria para que estas políticas leven, máis cedo que tarde, á intervención estatal do Concello, son cómplices da forma de goberno do PP”, engaden.
“Tachan ós demais de demagogos e fan un discurso de 5 folios en contra do proceder do PP, pero, ao final, cando hai que levantar a man para votar e acompañar as palabras con feitos fáltalles valentía, iso sí que é demagoxia”, apuntan.
Por outra banda, o voceiro socialista local Walter Pardo sinalou que “o Partido Popular culpa desta situación de bancarrota do Concello a factores como a inflación, a subida da enerxía ou a subida de prezos, que pasa en todos os Concellos”.
“Non hai unha mínima autocrítica a súa xestión, pero os informes de intervención son demoledores, pois desde hai xa meses e anos veñen denunciando a xestión de este grupo de Goberno”, indica.
O socialista salienta que no Concello “non se cumpren os criterios para a adxudicación de contratos menores, hai actuacións e obras que non están nas partidas presupuestarias, hai falta de retención previa de créditos, entre outras moitas cuestións”.
Ademais, critica a falta de liderado do alcalde: “Coa súa nula autoridade e pouca capacidade de organización para que todas as áreas traballen e interactúen entre si, está provocando que expedientes e pregos sigan a acumularse nas mesas das oficinas consistoriais”. “Esta falta de autoridade tamén se reflicte na xestión do control das competencias políticas dos seus concelleiros, pois cada un gasta sen procedemento presupuestario ningún”, conclúe o voceiro socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS