O PSOE de Malpica critica que o concello aumente a súa débeda a pesar de ter pagado uns 800.000 € da mesma no primeiro trimestre
O voceiro socialista local, Walter Pardo, sinala que “o Concello tiña unha débeda a finais do primeiro trimestre de 2.042.137,70€” fronte aos “1.410.221,88€ en total” do cuarto trimestre de 2023
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños critica que o Concello estea a aumentar a débeda municipal, incluso cando no primeiro trimestre de 2024 pagou 801.912,83€ da mesma.
O voceiro socialista local, Walter Pardo, sinala que “o Concello ten unha débeda a finais do primeiro trimestre de 2.042.137,70€, a pesar de ter realizado antes os cuantiosos pagos duns 404.000€ dentro do Período Medio de Pago e duns 393.000€ fóra do PMP”.
“A débeda non só non disminuíu, senón que é maior que antes”, critica Walter Pardo, que califica a situación de “inexplicable e produto da mala xestión do Partido Popular”.
“Segundo o propio Concello, a débeda no cuarto trimestre de 2023 era dun total de 348.275,87€ dentro do período legal de pago e 1.061.946,01€ fóra del, 1.410.221,88€ en total, polo que o aumento da débeda no trimestre seguinte é moi significativo”, apunta o socialista.
“Esiximos explicacións ao Goberno local do PP sobre a que se debe este aumento da débeda, que demostra unha clara desorganización e falla de proxecto de estabilidade orzamentaria”, afirma.
Para o voceiro socialista, “a débeda aumenta pero os recursos non se están a investir na veciñanza, xa que os servizos públicos non deixan de empeorar”.
“Por exemplo, atopamos as rúas sucias e cheas de verdín, as cunetas das estradas sen desbrozar, un lamentable servizo de recollida do lixo… É urxente que o Concello comece a xestionar ben os seus recursos para dar resposta ás necesidades de Malpica”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS