Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Irixoa denuncia a falta de médicos no Centro de Saúde da localidade

-A voceira socialista local María José Cal reclámalle á Xunta de Galicia que “garanta unha atención médica de calidade para os veciños e veciñas de Irixoa”


O PSdeG-PSOE de Irixoa denuncia a falta de médicos do Centro de Saúde da localidade e reclama á Xunta de Galicia “que restableza un servizo digno para a veciñanza”.

Así o expresou a voceira socialista local María José Cal, que lamentou “a situación que está sufrindo a veciñanza por culpa dos recortes da Consellería de Sanidade da Xunta”.

“Os médicos están viñendo ao centro dúas ou tres veces por semana, se veñen, e só durante 3 horas”, explica a voceira socialista. “Levamos meses con este problema e non se están dando solucións”, engade.

“Esiximos á Xunta, que é quen ten as competencias sobre esta cuestión, que deixe de desmantelar os servizos públicos e garanta unha atención médica de calidade para os veciños e veciñas de Irixoa”, concluíu.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes