O PSOE de Coristanco reclama ao alcalde “que explique os motivos reais da retirada de competencias á concelleira Clarisa Souto”
O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda afirma que aos socialistas “todo este teatro non nos vale” e esíxelle ao rexedor Juan Carlos García Pose “que dea respostas fiables”
O PSdeG-PSOE de Coristanco reclama ao alcalde do municipio, Juan Carlos García Pose, “que explique os motivos reais da retirada de competencias á concelleira Clarisa Couto”.
Así se expresou o voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda, despois de enterarse “por un decreto de que lle quitaba todas as súas competencias” á ata agora concelleira de Cultura, Deporte, Educación, Turismo e Servizos Sociais e 2º tenenta de alcalde.
“Sorpréndenos a falta de confianza por parte do alcalde na súa concelleira, facendo isto antes de que se cumpra o primeiro ano deste mandato e despois de que ela mesma o defendese a capa e espada cando este se subiu o soldo porque, nas súas palabras, o que traballa ten que cobrar”, sinala o socialista. Para o voceiro socialista, “este é un exemplo máis do autoritarismo co que actúa o alcalde popular do actual Goberno de Coristanco, facendo este tipo de cousas ademais sen explicación algunha”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS