Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Carballo pide ao concello os resultados nas analíticas da piscina logo do seu peche pola presenza dunha bacteria

-María Carmen Vila critica a falta de explicacións ao respecto por parte do alcalde ante o risco que isto puido supoñer para as persoas usuarias


O PSdeG-PSOE de Carballo preguntou ao Goberno local polos resultados das analíticas da auga da piscina municipal nos últimos tres meses, despois de que fose pechada pola presenza dunha bacteria.

A voceira socialista local María Carmen Vila lamenta que “se pechou a piscina de súpeto, sen dar ningunha explicación, e non foi ata que protestaron as persoas usuarias que recoñeceron o motivo do peche”.

Porén, “non houbo ningún tipo de explicación do que pasara máis alá de dicir que había unha bactería”, critica a socialista. “Non sabemos de que bacteria se trata nin de canto leva na piscina”, advirte.

No pleno do pasado mes de maio, o Grupo municipal do PP preguntou ao Goberno local do BNG por esta situación, pero a súa resposta foi considerada insuficiente polo conxunto da oposición.

“Ante as preguntas que se fixeron sobre a bacteria ou canto tempo levaba simplemente se contestou que se aplicarían os protocolos correspondentes”, explica Vila. “Cabe preguntarse cada canto tempo analizan a auga, porque a bacteria podería levar máis tempo”, engade.

A pregunta rexistrada polo Grupo Municipal Socialista o pasado día 26 de xuñ lembra a obrigatoriedade de que o Concello realice controis mensuais de diversos parámetros microbiolóxicos e fisicoquímicos da auga, motivo polo cal reclámanse os resultados dos últimos tres meses.

“Por iso preguntamos cada canto fan estas análises, que tipo de comprobacións realizan, que laboratorio as leva a cabo e este tipo de cuestións”, sinala a voceira socialista. “Tamén queremos saber en que se basa ese protocolo e canto tempo vai estar pechada a piscina”, apunta.

No escrito saliéntase que o acceso a esta información “é de interese público para garantir a transparencia na xestión dun servizo esencial e asegurar o cumprimento da normativa técnico-sanitaria vixente, o que redunda directamente na saúde e seguridade de todas as persoas usuarias”.

“Agora mesmo a veciñanza ten moitas dúbidas sobre esta cuestión que o Goberno local non resolveu, as persoas usuarias non tiñan constancia de que houbese unha bacteria co correspondente risco que isto supón para a súa saúde”, conclúe.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes