Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE da Baña denuncia que a Xunta “marxina ao concello” ao non incluir ningunha das súas solicitudes nos orzamentos

-O Concello da Baña reclama a urbanización do Polígono Industrial e colaboración con outros Concellos no saneamento de dúas parroquias

-Os socialistas presentarán no pleno unha moción instando á Xunta a incorporar nos orzamentos de 2025 estas reivindicacións


O PSdeG-PSOE da Baña critica que a Xunta de Galicia non incluíu ningunha das solicitudes realizadas polo Concello nos seus orzamentos para o ano 2025.

“Unha vez máis vemos como a Xunta marxina o noso Concello nos seus orzamentos ignorando todas as solicitudes feitas”, lamenta o alcalde socialista da Baña, José Antonio Pereira Gil.

Entre as solicitudes do Concello estaba que se realizase o saneamento da parroquia de Troitosende de maneira conxunta co limítrofe Concello de Ames.

Tamén se pedira a urbanización do polígono industrial e o saneamento da parroquia de San Cibrán utilizando a 2ª fase dos colectores da EDAR da Barcala do Concello de Negreira.

“Levámolo reivindicando durante os últimos tres anos e vemos como esta institución marxina ao Concello da Baña ao non incluír ningunha das nosas reclamacións”, denuncia o socialista.

“Nos vindeiros días faremos unha moción para levar ao pleno ordinario, onde solicitaremos a colaboración do resto dos grupos políticos para instar á Xunta de Galicia a que incorpore nos seus orzamentos para 2025 estas actuacións indispensables para o Concello da Baña”, concluíu.

Ademais, o Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia recolleu estas reivindicacións, incluíndoas nas súas emendas aos orzamentos da Xunta.


Declaracións de José Antonio Pereira, alcalde da Baña – nov24
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes