Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reúnese coas ANPAS dos colexios públicos de Pontedeume para trasladar as súas reivindicacións ao Parlamento galego

  • Aitor Bouza e Patricia Iglesias Rey, membros do Grupo Parlamentario Socialista, acudiron á reunión xunto á Concelleira de Educación de Pontedeume, Alejandra Bellón

O PSdeG-PSOE reuniuse con representantes das ANPAS do CEIP Andrade e do CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume para escoitar as súas reivindicacións de cara a trasladaras á Xunta de Galicia no Parlamento galego.

Aitor Bouza e Patricia Iglesias Rey, membros do Grupo Parlamentario Socialista, acudiron á reunión acompañadas tamén da Concelleira de Educación de Pontedeume, a socialista Alejandra Bellón Tenreiro.

Sobre as ANPAs eumesas, Bouza sinala que “a pesar de que levan anos e anos traballando por unha educación pública inclusiva e de calidade e reivindicando todas aquelas melloras que son necesarias para os nenos e das nenas destes centros, a Consellería de Educación e o señor Rueda fixeron oídos sordos”.

“Polo tanto, o Partido Socialista vai presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir que se repoñan as profesoras e profesores que son necesarias tanto nun centro como noutro”, anuncia o deputado.

“No caso do CEIP Andrade vamos reivindicar que se repoña o profesorado de PT e AL que non está a día de hoxe a tempo completo, cubrindo as necesidades que inclusive se recollen no catálogo, ese catálogo que tanto reivindica a Xunta de Galicia e polo tanto é tan necesario para as persoas con necesidades educativas”, explica.

Ademais, no referente a este centro tamén van reclamar “que se cubra o persoal de apoio en infantil, porque ao final os nenos e nenas precisan de ter tamén este persoal de apoio para que o profesorado teña, como non pode ser doutro xeito, a calidade educativa necesaria”.

No que respecta ao CEIP Couceiro Freijomil, dado o aumento do número de matrículas, inclusive durante o propio curso escolar, solicitarán que “se faga algo moi importante, como é a cubrir a titoría de infantil”, indicou Bouza. “Todo isto será o que, en conxunto coas propias comunidades educativas, levaremos ao Parlamento de Galicia, e esixiremos á Xunta de Rueda que cumpra cos centros educativos, coa comunidade educativa e tamén con todos os nenos e nenas que teñen necesidades educativas”, concluíu.


Aitor Bouza – ANPAS Pontedeume – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes