O PSdeG reclamará no Parlamento Galego medidas de seguridade na estrada AC-840 en Boimorto
- Silvia Longueira e Obdulia Taboadela reuníronse con veciñanza da parroquia de Dormeá para coñecer de primeira man a situación
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia a instalación de medidas de seguridade para cruzar a estrada autonómica AC-840 ao seu paso pola parroquia boimortesa de Dormeá.
A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira reuniuse coa veciñanza de Dormeá, que leva dende 2021 pedíndolle á Xunta estas medidas, para coñecer de primeira man a situación. Participou tamén na xuntanza Obdulia Taboadela, deputada no Congreso pola provincia da Coruña.
“A realidade é que os veciños teñen que arriscarse a diario para cruzar dende as súas casas e ir ás súas terras ou coller o autobús ou asistir a misa”, denuncia a parlamentaria socialista.
Longueira lembra que a AC-840 “é unha das estradas máis transitadas da comarca de Arzúa, onde o paso continuado de camións cara o polígono de Melide agrava aínda máis esta situación”.
A estrada “non ten badéns que freen a velocidade, non ten pasos de peóns nin unha regulación semafórica que faga diminuír a velocidade, é un peligro constante”, lamenta a deputada. “Por estes motivos, o Grupo Socialista vai levar unha batería de iniciativas ao Parlamento coas que imos preguntar e propoñer solucións, posto que xa van máis de 4 anos nos que a veciñanza esixe poder transitar pola AC 840 con seguridade”, conclúe Longueira.



Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS