O PSdeG reclama a mellora das estradas AC-183 e AC-173 en Oleiros
- Silvia Longueira sinala que a mobilidade é un dos principais problemas do Concello e leva a cuestión ao Parlamento galego
O Grupo Parlamentario Socialista reclama que a Xunta de Galicia actúe nas estradas AC-183 e AC-173 en Oleiros, facendo “melloras importantes e non simples parcheos”.
A deputada socialista Silvia Longueira será a encargada de levar esta cuestión ao Parlamento galego, apuntando que “a mobilidade é un dos principais problemas do Concello de Oleiros, un dos máis importantes concellos da área metropolitana da Coruña”.
“Ao deficiente servizo do transporte da Xunta de Galicia súmase a inexistencia do transporte do propio Concello, e a iso engádese o mal estado das vías, que precisan dun mantemento actualizado porque están absolutamente castigadas”, lamenta a socialista.
“Hai que ter en conta que nos orzamentos da Xunta para 2026 se contemplan só 10.000 euros para o concello de Oleiros, sendo un dos 10 concellos máis grandes de Galicia”, critica Longueira. As cifras “son inxustificables cando para Concellos máis pequenos hai investimentos millonarios”, engade.
“Vendo o estado actual das vías”, afirma a deputada, “resulta obvio que hai que facer obras de melloras importantes”. “De non facelo con rigor e en profundidade, volverán aparecer problemas e polo tanto serían cartos públicos perdidos”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS