Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a construcción dun centro de día en Noia

  • A deputada socialista, Patricia Iglesias, anuncia que rexistrará unha petición no Parlamento de Galicia

O PSdeG-PSOE trasladará ao Parlamento de Galicia a petición do Concello de Noia para a construción dun centro de día para as persoas maiores da localidade. Así o anunciou a deputada socialista, Patricia Iglesias, tras unha reunión institucional co alcalde, Francisco Pérez, que tivo lugar esta mañá.

Durante o encontro, o alcalde expuxo a necesidade de contar cun centro de día para a atención das persoas maiores da localidade, tratándose “dunha das prioridades para a vila”, segundo indicou Iglesias, e engadiu que “traballadores e traballadoras durante toda a súa vida merecen un coidado digno, unha vellez digna”.

A deputada socialista afirmou que “existe unha solicitude formal por parte do alcalde dirixida á Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia”, pola contra, “a día de hoxe aínda non contestou”,

O alcalde manifestou disposición para colaborar coa Xunta no desenvolvemento do proxecto, incluíndo a posibilidade de facilitar terreos para a súa construción. A deputada explicou que, malia esta vontade de cooperación institucional, non se recibiu contestación por parte da Consellería, que “mantén silencio” sobre a petición formulada.

Ante esta situación, Iglesias anunciou que rexistrará no Parlamento de Galicia a petición formulada polo alcalde de Noia para reclamar a construción do centro de día “para os maiores da vila”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes