- A atención no Centro Médico redúcese a dúas horas diarias e non se cubren urxencias, provocando derivacións aos hospitais
O Centro Médico de Buño vese afectado por unha redución do servizo de medicina de familia, segundo se recolle en diversas queixas de usuarios e usarias. Actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas.
Ademais, non se están asignando citas con máis dun mes de antelación e as urxencias derívanse aos hospitais, dado que no P.A.C. de referencia, en Carballo, o servizo de Urxencias non comeza ata as 15:30 horas.
Dende o PSOE de Malpica denuncian “a falta de compromiso, tanto por parte da Xunta de Galicia coma por parte dos gobernantes do noso concello” e anuncian que emprenderán varias accións co fin de que se restableza o servizo médico coas mesmas condicións que antes:
- No pleno ordinario do 29 de xaneiro presentarán unha moción instando á Xunta de Galicia a restablecer o servizo médico en Buño.
- Se non se restablece o servizo de medicina de familia, o grupo parlamentario do PSdeG-PSOE fará unha reclamación na seguinte Comisión de Sanidade da Xunta de Galicia.
- Se tras 7 días de presentada a moción no pleno non se restablece o servizo anterior, proporán á veciñanza realizar unha recollida de firmas de protesta.
Dende o PSOE de Malpica lamentan “a descriminación ao noso Concello por parte da Xunta de Galicia” e aseguran que “ao PSOE sempre nos encontrarán de fronte contra o desmantelamento dos servizos básicos, como neste caso, o do coidado da saúde dos nosos veciños e veciñas usuarios do Centro Médico de Buño”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS