Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG provincial ponse como obxectivo as municipais: “O músculo do Partido Socialista está no municipalismo”

-Bernardo Fernández Piñeiro, reelixido como secretario xeral provincial, destacou que a Deputación repartirá máis recursos entre os concellos da provincia “que os que reparte a Xunta entre todos os concellos de Galicia”


Bernardo Fernández Piñeiro realizou unha valoración positiva da súa reelección como secretario xeral do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña, ao non terse presentado ningunha outra candidatura ao vindeiro congreso provincial.

“O feito de que non se presentase ningunha candidatura alternativa a este proceso é un respaldo ao traballo que vimos desenvolvendo ao longo destes últimos tres anos”, sinalou o tamén alcalde de pontedeume.

“Un traballo inxente de reforzo das agrupacións para conquerir os mellores resultados electorais, non para ter o poder polo poder, senón porque estamos convencidos de que somos a mellor opción política para estar á fronte das institucións”, explicou.

“O músculo do Partido Socialista do PSdeG, está no municipalismo”, afirma o socialista, e por iso “son tan importantes estes procesos, as estruturas provinciais que traballan para reforzar todas as agrupacións, sobre aqueles lugares onde os resultados non nos acompañan”.

Fernández Piñeiro destacou que os resultados das últimas eleccións municipais permitiron “que por primeira vez na historia da institución, por primeira vez na historia da Deputación provincial da Coruña un partido goberne tres lexislaturas consecutivas”.

“Tamén gobernamos á capital da provincia e outros 30 concellos ao longo e ancho da provincia, había máis, pero desgrazadamente fomos desaloxados por mocións de censura, algunhas delas de difícil explicación como puido ocorrrer en Muxía cun acordo entre o BNG e o PP”, lembrou.

Ademais, salientou que a Deputación “vai a repartir por primeira vez máis recursos con criterios obxectivos entre os 93 concellos da provincia que os que reparte a Xunta entre todos os concellos de Galicia”.

“Entendemos que os concellos, independentemente de por quen estean gobernados, teñen que ter recursos”, indica o socialista. “É o mesmo que Alfonso Rueda di fóra das fronteiras de Galicia cando fala de financiación autonómica requírelle ao Estado que haxa un criterio de reparto xusto e igual entre todas as autonomías, pero resulta que aquí en Galicia, que ten a capacidade de facer o mesmo cos concellos, non o fai”, engade. “Todos os concellos desta provincia reciben o triple cos recursos da Deputación que o que recibían cando gobernaba Diego Calvo”, subliñou Fernández Piñeiro. Concluíu amosando o seu compromiso de seguir traballando en “antepoñer os intereses dos veciños e veciñas por riba de calquera outra cuestión”.


Declaracións de Bernardo Fernández Piñeiro – 3 de abril 2025
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes