Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG esixe á Xunta que cumpra co seu compromiso coa cidadania de Vedra e execute a remodelación do Centro de Saúde de Vedra

  • Os socialistas denuncian no Parlamento o incumprimento do anuncio realizado hai mais dun ano e impulsarán unha batería de iniciativas para reclamar actuacións concretas

O PSdeG esixe á Xunta de Galicia que cumpra co compromiso anunciado en febreiro de 2025 e execute sen máis demora a remodelación do Centro de Saúde de Vedra, unha actuación considerada prioritaria para garantir unha atención sanitaria pública de calidade no municipio e na súa contorna e que ademáis foi anunciada hai máis dun ano pola Consellería de Sanidade.

Os socialistas lembran que o Centro de Saúde de Vedra presta servizo a unha poboación con necesidades asistenciais crecentes e que require unhas infraestruturas adecuadas, actualizadas e dimensionadas para responder con garantías á realidade demográfica e sanitaria actual. Neste sentido, subliñan que a atención primaria é un piar esencial do estado do benestar e que debe contar cos recursos e investimentos necesarios, especialmente no rural. Neste sentido, denuncia que, malia o anuncio realizado en febreiro de 2025, a Xunta non deu ningún paso efectivo para facer realidade esta actuación e nin sequera incorporou unha partida específica nos Orzamento de 2026.

O deputado socialista Aitor Bouza advertiu que “por iso trasladaremos a través dunha iniciativa parlamentaria a esixencia de que cumpra o seu compromiso coa cidadanía de Vedra. Pasou un ano e nada se fixo por parte da Xunta de Galicia, máis que anuncialo a bombo e platillo, pero nin sequera se incorporou nos orzamentos do 2026”.

Ademais, desde o PSdeG anuncian a presentación dunha batería de iniciativas parlamentarias para esixir explicacións, reclamar un calendario concreto de actuacións e demandar a consignación económica necesaria que permita executar a remodelación comprometida.

Os socialistas consideran inaceptable que a Xunta xere expectativas arredor dunha mellora sanitaria necesaria e que, pasado o tempo, non exista nin planificación nin respaldo orzamentario para levala a cabo. Por iso, insisten en que Vedra non pode seguir esperando por unha infraestrutura sanitaria axeitada e reclaman feitos concretos, prazos definidos e compromiso real coa sanidade pública.

O PSdeG reafirma así o seu compromiso coa defensa dunha atención primaria forte, de proximidade e dotada dos recursos precisos, especialmente no rural, e asegura que continuará impulsando cantas iniciativas sexan necesarias para defender os dereitos da veciñanza de Vedra.


Aitor Bouza – Centro de Saúde Vedra – mar26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes