Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG esixe a Rueda que rectifique para evitar a chamada de atención da Unión Europea sobre as Fragas do Eume

  • Aitor Bouza amosa o apoio da formación á solicitude presentada polos propietarios e propietarias das fragas no Parlamento Europeo

O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio á solicitude presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume.

“Dende o Partido Socialista queremos sumarnos a esa reivindicación que fan os propietarios e propietarias, como levamos facendo durante meses e durante anos”, sinala o deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza.

“Queremos darlles o noso apoio e esixir á Xunta de Galicia que rinda contas, que explique á cidadanía por que vai ter que ter esa chamada de atención da Unión Europea como non rectifique a súa actitude”, engade.

Bouza incide en que os propietarios e propietarias denuncian que “non se lles deu audiencia e, sobre todo, que non se lles escoitou nas súas alegacións presentadas, e polo tanto levan meses agardando porque a conselleira que se comprometeu a facelo xa vai para un ano e aínda non os recibiu”. “É algo intolerable”, apunta.

Avanza que levará esta cuestión ao Parlamento de Galicia para esixirlle á Rueda que explique se vai agardar “a que teñamos que pasar o bochorno os galegos e galegas de que a Unión Europea lle chame a atención á Xunta de Galicia por incumprir a normativa europea” ou se prefire “escoitar e traballar da man dos propietarios e propietarias das Fragas do Eume”.

“Esiximos a esa Xunta de Galicia á que tanto lle gusta facer anuncios que se reúna con eles, que os escoite, que os atenda e que cumpra tamén a propia normativa que aprobou”.

“Imos estar ao carón das veciñas e veciños, das propietarias e propietarios das Fragas do Eume e, como non pode ser doutro xeito, levaremos esa voz ao Parlamento galego a través de iniciativas parlamentarias que xa temos rexistradas”, conclúe Bouza.


Aitor Bouza – Fragas do Eume UE – feb26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes