Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia que o novo Plan de Transporte Público ignora as alegacións presentadas pola veciñanza de Rianxo

  • Patricia Iglesias anuncia que esixirá no Parlamento galego “que rectifiquen, que escoiten á xente e que garantan un transporte público digno, útil e pensando para o territorio”

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que a Xunta “está impoñendo un novo plan de transporte público sen escoitar aos afectados e afectadas das parroquias de Rianxo á hora de definir os itinerarios e as frecuencias dos buses”.

Para a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, a Xunta “volve dar as costas á veciñanza da comarca do Barbanza”, a pesar de que este plan “terá un impacto real na súa mobilidade para ir a traballar, a estudar ou para ir a unha cita médica”.

Iglesias lembra que as modificacións de itinerarios e frecuencias aprobadas agora recibiron numerosas alegacións por parte da veciñanza de Rianxo e das súas parroquias, o que pon de manifesto “o risco de perda de servizos, o empeoramento das conexións con centros sanitarios, educativos e administrativos, así como o incremento dos tempos de desprazamento”.

“Porén, tal e como se fixo público a través dos medios, a Xunta de Galicia desbotou as principais alegacións presentadas, sen ofrecer unha resposta satisfactoria nin introducir modificacións substanciais que corrixan os prexuízos sinalados”, lamenta.

A socialista anuncia que esixirá no Parlamento “que rectifiquen, que escoiten á xente e que garantan un transporte público digno, útil e pensando para o territorio, non para cadrar papeis”.

Dende o Grupo Parlamentario Socialista reclamarán a revisión do plan, a apertura dun proceso real de diálogo e participación cos concellos afectados, asociacións veciñais e persoas usuarias do servizo, e o establecemento de mecanismos de avaliación e seguimento do mesmo.

Ademais, preguntarán ao goberno autonómico, entre outras cousas, cales foron os motivos polos que se decidiu desbotar as alegacións presentadas e que criterios técnicos e sociais se empregaron para definir os novos itinerarios e frecuencias.


Patricia Iglesias – Plan de Transporte Rianxo – xan26

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes