Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia que “non hai nin rastro dos orzamentos da partida prometida polo PP para reformar o CEIP O Areal de Camariñas”

  • Patricia Iglesias lamenta a “utilización absolutamente partidista que fai o PP duns orzamentos públicos cunha finalidade única, facer propaganda e anuncios que logo non se executan”

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña denuncia que “non hai nin rastro nos orzamentos” da Xunta de Galicia para 2026 “da partida prometida polo PP para reformar o CEIP O Areal de Camariñas”.

Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey, que se amosa “abraiada por eses anuncios e propaganda que fixo o PP de Galicia, tamén a deputada Paula Mouzo, que anunciou a bombo e platillo que ía haber nos orzamentos de 2026 unha partida destinada á reforma do CEIP O Areal de Camariñas de preto dun millón de euros”.

“Estiven vendo o proxecto de orzamentos territorializado e non atopo ningunha partida específica nestes orzamentos 2026, a única partida que hai para Camariñas é da entidade pública de Portos de Galicia para o departamento de usuarios de 10.000 euros, entón eu non sei que outros orzamentos está vendo a deputada do Partido Popular”, afirma.

“Evidentemente estaremos absolutamente de acordo con esa reforma necesaria e todo o que sexa bo para Camariñas, pero o que denunciamos publicamente é esa utilización absolutamente partidista que fai o PP duns orzamentos públicos cunha finalidade única, facer propaganda e anuncios que logo non se executan”, explica a socialista. Iglesias Rey concluíu criticando que “non se respecta esa colaboración institucional da Xunta de Galicia cunha alcaldesa, Sandra Ínsua, que é do Partido Socialista, é o mínimo que ten que facer a Xunta de Galicia”.


Patricia Iglesias – Camariñas CEIP O Areal – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes