O PSdeG denuncia que “non hai a máis mínima regularidade” nas liñas de autobús de Betanzos á Coruña e a Ferrol
- Silvia Longueira anuncia unha iniciativa parlamentaria para instar á Xunta a que inspeccione as incidencias e repoña as frecuencias da liña A Coruña-Betanzos
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “non hai a máis mínima regularidade nos horarios nas liñas que aparentemente están en vigor” entre Betanzos e as ciudades da Coruña e Ferrol.
Silvia Longueira, parlamentaria socialista, incide en que “o habitual é chegar a unha parada e esperar máis de media hora, ou non poder subir ao autobús porque xa vai cheo non poñen outro”.
“Deixan aos pasaxeiros en terra e obríganos a trasladarse en taxi”, lamenta a socialista, que apunta tamén o caso de “nenas e nenos que teñen que perder horas lectivas porque quedan sen medio de transporte se están ata o final das clases”.
“O concello denunciou hai meses esta realidade ante a Xunta de Galicia, que fai oídos xordos ante esta indefensión da cidadadanía de Betanzos”, critica Longueira.
A parlamentaria anuncia unha iniciativa parlamentaria neste senso, que insta á Xunta de Galicia a “inspeccionar ás incidencias da liña de autobuses A Coruña – Betanzos, dando conta a esta cámara, no prazo dun mes, dos retrasos e anulacións de servicios de transporte”. O texto esixe tamén “Repoñer de inmediato as frecuencias de autobús da liña A Coruña – Betanzos nos tramo horario de maior frecuencia para acudir e retornar ao traballo entre ambas poboacións”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS