O PSdeG denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclama un novo
- Silvia Longueira esixe que se arranxe o actual ata a construción do novo centro prometido polo alcalde
O Grupo Socialista no Parlamento galego denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclámalle á Xunta de Galicia a construción dun novo, tal e como foi prometido polo alcalde da localidade.
A parlamentaria socialista Silvia Longueira enumera problemas tales como “humidades, mantemento que nunca se efectuou nas dependencias” e que se quedou pequeno para unha poboación “que crece e crece no concello de Carral”.
Sinala que a veciñanza está “á espera do prometido polo alcalde, que é a construción dun novo centro de saúde noutro terreo” para sustituír ao construído en 1989.
“Mentres tanto, demandamos da Xunta de Galicia que acometa as reparacións necesarias para que a veciñanza sexa atendida con toda a dignidade”, apunta a deputada socialista. O Grupo Parlamentario Socialista propón ademais que se reforme o centro actual de cara a darlle outro uso, por exemplo, reconverténdoo nun centro de día. Tamén pide que o Centro de Saúde abra en horario de tarde e amplíe os servizos de análise e matrona.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS