Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG demanda máis profesorado de Educación Especial no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral

  • A ANPA do centro reuníuse con Silvia Longueira e Obdulia Taboadela para transmitirlles as súas demandas

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas coas que pedirán máis profesorado de apoio para o alumnado con necesidades especiais no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral.

Silvia Longueira, deputada no Parlamento de Galicia, e Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, reuníronse en Carral coa ANPA do colexio para coñecer a situación e as súas reivindicacións.

“As carencias de persoal no centro chegaron até o punto de que a un alumno cun grao 3 de dependencia se lle foi denegado un coidador na aula”, lamenta Silvia Longeuira.

“A situación é moi complexa, xa que o colexio conta con 60 alumnos e alumnas que precisan apoios e coidados dentro da liña do ensino inclusivo nalgunha medida, pero só 30 deses 60 alumnos foron valorados e valoradas”, engade.

A parlamentaria socialista sinala que a batería de iniciativas que presentarán no Parlamento galego servirá para preguntar como se pensa resolver desde a Consellería de Educación esta situación e para conseguir unha solución. “A problemática dase tanto no colexio Vicente Otero Valcárcel como noutros moitos das comarcas coruñesas que este ano non terán nin o persoal de apoio nin ao profesorado específico co que contaban o ano anterior”, explica a socialista.


Declaracións de Silvia Longueira en Carral – CEIP Vicente Otero Valcárcel out25

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes