O PSdeG de Frades denuncia “o servilismo e a submisión do PP local coa conselleira de Sanidade”
–Califican de “parche na deficiente Atención Primaria en Frades” a suplencia parcial da facultativa que se atopa ausente do seu posto de traballo
–“En vista disto, emprenderemos unha campaña de recollida de sinaturas para instar ao conselleiro a reverter a situación”, sinala o voceiro Enrique Astray
O PSdeG-PSOE de Frades denuncia “o servilismo e a submisión do PP local coa Consellería de Sanidade da Xunta, en contra dos intereses da veciñanza”. Así o expresou o voceiro socialista local Enrique Astray, que calificou de “acto de conformismo e propaganda barata o último anuncio que fixo o goberno local o día 9 de maio a través das redes sociais”.
“Neste comunicado, o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, vende como un gran logro o que apenas é un parche na deficiente Atención Primaria en Frades”, lamenta o socialista.
“Cando a facultativa se ausenta para facer o servizo no exército, a praza ten que ser cuberta totalmente e non a tempo parcial, isto é mellor que nada pero non é suficiente” afirma Astray.
Dende o PSOE local non ven na suplencia parcial da profesional un logro digno de celebrar, senón máis ben “un intento de facer que fan sen realmente facer nada por solucionar os problemas que provoca a ausencia dunha das facultativas”.
Lamentan tamén “a incapacidade manifesta do goberno local de Frades para dar solución a este problema, que se prolonga no tempo”. “Non cumpriron a súa palabra de reunirse co conselleiro”, critica.
“Cando os e as socialistas nos mobilizamos para reivindicar melloras na Atención Primaria en Frades, o único que recibimos do PP foi insultos e calumnias, querendo tapar o problema vertendo falsas acusacións sobre nós”, lembra Astray.
Engade que os populares “acudiron ás manifestacións convocadas polos socialistas sempre co insulto na boca, case querendo culparnos a nos do problema cando nos o único que queríamos é ser parte da solución”.
“Deixámolos facer e nada conseguiron, só actos propagandísticos, pero o problema na Atención Sanitaria en Frades segue clamando ao ceo”, subliña o socialista. “En vista disto emprenderemos unha campaña de recollida de sinaturas para instar ao conselleiro a reverter a situación da sanidade en Frades”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS