Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O Grupo Socialista alerta de que o PP contradí a Educación ao votar en contra do aumentar o profesorado do CPI Castro Baxoi de Miño


O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Julio Abalde, lamento hoxe o voto en contra do PP a unha proposta socialista para aumentar o profesorado e recuperar a aula de 4º de Infantil suprimida este curso no CPI Castro Baxoi de Miño. Abalde aludiu a que o PP contradí con este voto ao director xeral de Centros, que minutos antes anunciara a dotación da segunda unidade de Infantil suprimida este curso.

Abalde acusou ao goberno galego de primar “criterios economicistas” coa súa decisión unilateral de suprimir a unidade neste curso sabendo que o alumnado aumentaría ata o punto de incumprir o rateo de alumnos por profesor. Aquela decisión, dixo, provocou unha marea de protesta social, que sumou 1.200 sinaturas de pais e nais do centro e a petición unánime dende o Concello, encabezado polo PSdeG.

Dixo que este voto demostra que “non teñen intención de mellorar a calidade do ensino para acadar unha educación equitativa entre o rural e o urbano”, e reclamoulles que ofrezan “tranquilidade ás familias e ao claustro sobre a escolarización dos nenos e nenas e o desenvolvemento do proxecto educativo “sen sobresaltos nin ter que reclamar máis axuda complementaria ni máis persoal”. Os socialistas galegos reclamáronlle ademais á Xunta que habilite as infraestruturas necesarias para dispor dos servizos complementarios, “como un salón de actos”, atendendo ás demandas da Anpa e  do propio Concello. Esixiulle ao PP que “lle pregunten ao conselleiro de Facenda en que empregou os fondos de Recuperación enviados a Galicia para rehabilitación de centros públicos, incluídos os educativos, e de eficiencia enerxética”.

Julio Abalde sobre o CPI Castro Baxoi (Miño)
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes