Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta que consensúe cos propietarios a adquisición de terras do Parque Natural das Fragas do Eume

Julio Abalde pide unha compensación xusta para os propietarios que teñen as súas terras dentro do parque e que levan décadas vendo mermadas as súas parcelas


O parlamentario socialista Julio Abalde pediulle hoxe á Xunta que acorde cos propietarios as terras nas que se estende o Parque Natural das Fragas do Eume e que aínda están nas mans de particulares que levan décadas vendo como se reduce o seu patrimonio. Abalde presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para presentar a demanda destes particulares que, dixo, “teñen dereito a compensacións”.

O parlamentario socialista reclamoulle ao goberno galego que acorde unha valoración máis alá das entre 3.000 e 7.000 euros por hectárea que está a ofrecer para adquirir 125 hectáreas dun parque que ten unha superficie de 3.000 hectáreas. Pediulle á Xunta que abra un proceso de diálogo para “conseguir que este espazo único en Galicia e en Europa sexa protexido adecuadamente”.

Sinalou que neste momento o 90 por cento da superficie deste espazo está nas mans de pequenos propietarios, que “non rexeitan a declaración de Parque Natural, pero que entenden que teñen dereito a compensacións e indemnizacións xustas”.

Explicou que “sería perfectamente asumible para o Goberno de Galicia un programa de adquisición de terras” que xa está presupostado no Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque publicado en 2023, cun retraso de 26 anos dende a creación do parque.

En nome dos propietarios e propietarias que din que esta valoración da consellería do prezo de custe de cada unha das ha é moi baixo, entre 3.000 e 7.000 € por ha, nun parque de 3.000 ha, fagan plantexamento de comprar 125 ha non é proposta moi ambiciosa

Trátase de diálogo, de falar, de acordar cos veciños e veciñas, propietarios/as claes son as indemnizacións e chegar a un acordo.

Problema situación de propietarios que zonas que se queren protexer. Garantirlles que vexan resarcida a perda que nalgúns casos lles supón de beneficios como de patrimonio que perden, teñan compensacións adecuadas e xustas Que inicien proceso de debate e diálogo cos propietarios das Fragas do Eume para conseguir que espazo único en Galicai e Europa sexa protexido adecuadamente.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes