Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O Grupo Parlamentario Socialista acusa ao PP de bloquear a dragaxe do porto de Lorbé -Oleiros-

Julio Abalde advirte que a perda de calado inhabilita boa parte do porto e a intervención é “imprescindible para garantir a actividade da flota pesqueira”


O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, acusou hoxe ao PP de bloquear a dragaxe do porto pesqueiro de Lorbé, en Oleiros, para retirar os áridos e sedimentos que teñen inhabilitada boa parte da infraestrutura. Así o dixo logo de que o PP rexeitara a proposta que presentou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento para reclamarlle á Xunta que execute a actuación “á maior brevidade”.

Advertiu que a perda de calado no porto limita a operatividade do porto, xa que os barcos non poden circular por boa parte do mesmo, e cualificou de “incomprensible” que aínda estea pendente malia que era unha obra prevista coa eliminación dunha rocha que foi retirada en 2022, pero malia que si quitaron o penedo a dragaxe quedou sen facer.

Abalde acusou ao PP de ter “esquecido” este porto, o único que Oleiros que mantén actividade mariñeira, e que tamén ten pendente a ampliación do dique e a construción dos pantaláns, comprometidos nas eleccións de 2023. Sen embargo, “dous anos despois e xa celebrados os comicios non temos nin proxecto, nin ampliación, nin dique nin pantaláns”. Sinalou que Portos “segue sen concretar cando se realizou a ampliación e cal é o proxecto” para a prolongación do dique”. Engadiu que “nos tememos que esa promesa tamén careza de orzamento a día de hoxe, o que demostra que unha actuación tan anunciada e tan oportunamente prometida só era fume electoral”.


Julio Abalde sobre a dragaxe do Porto de Lorbé

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes