Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Xunta de Galicia

O PSOE esixe á Xunta que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal no CPI O Cruce de Cerceda

-O secretario provincial Bernardo Fernández e a deputada Silvia Longueira participaron na concentración convocada polas familias e avanzaron que levarán a cuestión ao Parlamento galego O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe á Xunta de Galicia que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal Martiño no CPI O Cruce de Cerceda. Así o …

O PSdeG esíxelle a Rueda que cumpra o compromiso do PP e amplíe o Polígono Industrial de Carballo

Patricia Iglesias, que defenderá a demanda este venres no Parlamento galego, reprochoulle ao Goberno do PP que pasaron seis anos desde que Feijoo prometera incrementar o número de parcelas, co resultado de que a día de hoxe non queda ningunha dispoñible Aitor Bouza criticou que a Xunta do PP ten “absolutamente esquecida” a comarca de …

Silvia Longueira, sobre a renuncia da Xunta a 22 millóns de euros para as escolas infantís: “O PP non quere cartos para crear prazas públicas porque só lle interesa o sector privado”

–A deputada socialista denunciou ante a escola As Mariñas, na Coruña, que mentres deceas de familias quedaron sen praza para os seus fillos e fillas nese centro de titularidade autonómica, o Goberno de Rueda devolvía fondos europeos do Plan de Recuperación porque só os podía empregar para incrementar a oferta nas escolas públicas -“Cando o …

O PSdeG provincial reclama que a Xunta poña en marcha unha unidade de rehabilitación cardíaca en Ferrol

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclama que a Xunta poña en marcha unha Unidade de Rehabilitación Cardíaca na Área Sanitaria de Ferrol, a única en Galicia que non conta cunha unidade destas características. A coordinadora comarcal do PSdeG en Ferrolterra, Natividad González Laso, lanzou esta reclamación dende o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol xunto ao …

O PSOE de Coristanco insta á Xunta de Galicia a incluír obras no municipio nos seus orzamentos

-Reclama a construción de dúas sendas, melloras no colexio Canosa-Rus, e compromisos para a creación do polígono industrial O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presenta unha moción para instar á Xunta de Galicia a incluír diversas obras no municipio nos seus orzamentos para 2025. En palabras do voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, “vemos …

O PSOE da Baña denuncia que a Xunta “marxina ao concello” ao non incluir ningunha das súas solicitudes nos orzamentos

-O Concello da Baña reclama a urbanización do Polígono Industrial e colaboración con outros Concellos no saneamento de dúas parroquias -Os socialistas presentarán no pleno unha moción instando á Xunta a incorporar nos orzamentos de 2025 estas reivindicacións O PSdeG-PSOE da Baña critica que a Xunta de Galicia non incluíu ningunha das solicitudes realizadas polo …

O PSdeG provincial insta á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro da AC-230 en Curtis onde perdeu a vida o conductor de ambulancia

Os socialistas reclaman ao alcalde da localidade “que sexa reivindicativo coa Xunta igual que o é con outras administracións” O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña insta á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro do tramo da estrada autonómica AC-230 ao seu paso por Curtis onde perdeu a vida un conductor de ambulancia a pasada …

Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” uns orzamentos da Xunta que “esquecen a comarca”

Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025. “De novo uns orzamentos que esquecen a comarca de Bergantiños e non apostan por ela”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable de comarca de Bergantiños no Parlamento de Galicia. “Vemos máis débeda e menos financiamento dos servizos de benestar, ausencia …

Os socialistas do interior coruñés lamentan que “2025 será outro ano perdido para a comarca nos orzamentos da Xunta

Os socialistas do interior da Provincia da Coruña lamentan que “2025 será outro ano perdido para a comarca nos orzamentos da Xunta de Galicia”. A deputada socialista responsable da comarca no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, calificou estes orzamentos de “moi febles para toda a zona do interior da provincia, dende Arzúa ata Vilasantar”. “Unicamente …

O PSOE da Costa da Morte critica que “os orzamentos da Xunta non recollen partidas para rematar a autovía AG-55”

Os socialistas da Costa da Morte consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado. “A comarca da Costa da Morte é un ano máis a gran esquecida por parte da Xunta, que ademais afoga aos concellos con competencias impropias”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable da Costa da …

Os socialistas consideran “testimoniais as partidas dos orzamentos da Xunta para as infraestruturas do Barbanza”

Os socialistas consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado, “xa que as partidas para mellorar as infraestruturas da comarca do Barbanza son testimoniais”. “Hai investimentos no saneamento e depuración da ría de Muros e Noia ou en Lousame, pero a maior parte das demandas da veciñanza …

Os socialistas das Mariñas lamentan que os orzamentos da Xunta “deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca”

Os socialistas das Mariñas Betanceiras lamentan que os orzamentos anunciados pola Xunta de Galicia para 2025 “deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca”.  Así o expresou a deputada socialista responsable da comarca no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, que sinalou que “concellos como Betanzos, Abegondo, Aranga, Irixoa, Paderne ou Monfero non …

Os socialistas de Santiago reclaman “máis chan industrial e partidas sociais para a comarca nos orzamentos da Xunta”

Os socialistas da Santiago consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos onte, “xa que non miran para a nosa comarca, non atenden as nosas necesidades”. “Nin máis chan industrial, nin máis vivenda pública, nin melloras nas infraestruturas nin aposta polas políticas sociais”, sostén Patricia Iglesias, deputada da responsable …

Os socialistas reclaman “un maior compromiso coa Coruña e a súa área metropolitana nos orzamentos da Xunta”

Os socialistas consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado, “xa que non impulsan proxectos clave para A Coruña e a súa área metropolitana como a Vía Ártabra”. Julio Abalde, deputado responsable da Coruña no Parlamento de Galicia, engade que “a Xunta non prevé o remate das …

Os socialistas de Ortegal denuncian que Cedeira, Cerdido ou Mañón “non teñen ningún investimento nos orzamentos da Xunta”

Os socialistas da comarca de Ortegal denuncian que concellos como os de Cedeira, Cerdido ou Mañón “non teñen ningún investimento nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2025”.  Así o expresou Silvia Longueira, deputada socialista responsable desta comarca no Parlamento galego, que lamentou que as contas “volven deixar fóra de xogo á gran maioría dos …