Category: Xunta de Galicia
A deputada socialista Silvia Longueira presentará enmendas aos Orzamentos da Xunta
Lage: “A Xunta reduce en 2026 á metade os orzamentos nos colexios públicos da cidade, pasando de 8 millóns a 4. Teñen moitísimas carencias e a Xunta o único que fai é afondar nese deterioro” A deputada socialista pola Coruña no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, presentou hoxe en Zalaeta a proposta de emendas que …
O PSdeG apoia a concentración dos propietarios das Fragas do Eume e esíxelle á Xunta escoitar as súas reivindicacións
José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, e Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, acompañaron hoxe aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume na concentración convocada pola Asociación Parque Natural Fragas do Eume, Naturaleza y Desarrollo diante do Parlamento de Galicia, onde reclamaron que a Conselleira de Medio Ambiente os reciba para …
O PSdeG critica a falta de investimento da Xunta en Cabanas a pesar das necesidades en Sanidade, Educación e Infraestruturas
O PSdeG-PSOE de Cabanas lamenta a falta de investimentos da Xunta de Galicia á luz dos novos orzamentos da institución para o vindeiro ano 2026. Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan as diferentes necesidades de municipio que consideran que precisarían de investimentos por parte da Xunta, comezando polas deficiencias do Centro de Saúde. “É necesario …
O PSdeG denuncia os 13 días de espera para unha cita de Atención Primaria en Cariño e esixe solucións á Xunta
O PSdeG alerta da situación “inadmisible” que sofre a veciñanza de Cariño pola falta de cobertura médica no Centro de Saúde, que obriga ás persoas usuarias a esperar ata 13 días para unha cita de atención primaria, consecuencia “da incapacidade e da falta absoluta de planificación do Goberno de Alfonso Rueda”. O voceiro socialista en …
O PSdeG denuncia que a comarca de Bergantiños ten un 21% menos nos Orzamentos da Xunta para 2026 que en 2022
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña lamenta o “abandono” da comarca de Bergantiños nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2026. O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou isto nunha rolda de prensa en Carballo que contou coa participación tamén da parlamentaria socialista Patricia Iglesias e das voceiras e voceiros socialistas dos …
O Grupo Socialista acusa a Educación de poñer ao CEIP Ramón María del Valle Inclán de Oleiros “na costa abaixo”
A parlamentaria socialista Silvia Longueira advertiu hoxe que a Consellería de Educación ten posto a calidade educativa no CEIP Ramón María del Valle Inclán “na costa abaixo”. Longueira presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que advertiu que os dous profesores que enviaron a cargo do Plan Mega foron destinados a titorías, prexudicando …
O PSdeG reclama á Xunta a rehabilitación integral do CEIP Sigüeiro de Oroso
O PSdeG reclama á Xunta de Galicia que acometa “de maneira inmediata” unha rehabilitación integral do CEIP Sigüeiro, no concello de Oroso, co obxectivo de actualizar unhas instalacións que acumulan máis de corenta e cinco anos de antigüidade e adaptalas ás necesidades actuais da comunidade educativa. Dende o grupo socialista sinalan que o “inicio do …
O PSdeG reclama a residencia de maiores en Oza-Cesuras “prometida hai máis de 12 anos polo Goberno da Xunta”
O PSdeG-PSOE reclama que se constrúa a residencia de maiores no Concello de Oza-Cesuras que foi “prometida hai máis de 12 anos polo goberno da Xunta de Galicia do PP”. Así o expresou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, máis de 12 anos despois de que se dera a fusión dos concellos de …
O PSdeG de Coristanco pide acceso ás analíticas do pozo do CEIP Canosa-Rus tralas queixas pola auga
O voceiro socialista no Concello de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, e a deputada socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Iglesias, veñen de solicitar formalmente ao goberno local e á Xunta de Galicia toda a información relativa ás análises realizadas á auga do pozo instalado pola Administración municipal no patio do CEIP Canosa-Rus. O PSdeG-PSOE …
O PSdeG esixe á Xunta que adopte as medidas para restablecer o servizo de TV e telefonía nas parroquias de Covas e Esmelle
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para esixírlle á Xunta de Galicia que tome as medidas necesarias para restablecer o servizo de televisión e telefonía nas parroquias ferrolás de Covas e Esmelle. “Esta semana volvemos ver como a Xunta de Rueda volve facer omisión das súas propias funcións e deixa …
O PSdeG reclámalle á Xunta unha mellora integral da AC455 en Val do Dubra e un trazado alternativo
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta leve a cabo unha mellora integral na AC-455 ao seu paso por Val do Dubra e estableza tamén un trazado alternativo para liberar da sobrecarga de tráfico o tramo da ponte sobre o río Dubra. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que na súa visita …
Bernardo Fernández esíxelle a Paula Mouzo que rectifique as súas “intolerables” acusacións contra a alcaldesa de Camariñas
O secretario xeral do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, amosa o seu “claro rexeitamento” ante as manifestacións realizadas pola deputada do PP no Parlamento galego Paula Mouzo sobre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua. Para o socialista, trátase dunhas declaracións “totalmente inapropiadas nunha servidora pública e totalmente vergoñentas, de aí que esixamos á …
O PSdeG reúnese coas ANPAS dos colexios públicos de Pontedeume para trasladar as súas reivindicacións ao Parlamento galego
O PSdeG-PSOE reuniuse con representantes das ANPAS do CEIP Andrade e do CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume para escoitar as súas reivindicacións de cara a trasladaras á Xunta de Galicia no Parlamento galego. Aitor Bouza e Patricia Iglesias Rey, membros do Grupo Parlamentario Socialista, acudiron á reunión acompañadas tamén da Concelleira de Educación de Pontedeume, …
Patricia Iglesias desminte a Paula Mouzo: “non hai unha partida específica para a reforma integral” do CEIP O Areal de Camariñas
Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento de Galicia, responde á parlamentaria do PP Paula Mouzo despois de que esta retase ao PSdeG a apoiar os orzamentos da Xunta para 2026 por incluír supostamente unha consignación para a reforma do CEIP O Areal de Camariñas. “Eu lánzolle dende aquí outro reto, porque non hai unha …
Silvia Longueira acude á concentración da ANPA do IES de Curtis contra os recortes na atención á diversidade
A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira acudiu á concentración convocada pola ANPA do IES de Curtis baixo o lema “Por un ensino público sen recortes na atención á diversidade”. A protesta tivo lugar fronte ao propio IES de Curtis, e nela, a parlamentaria socialista estivo acompañada pola agrupación socialista local e outros compañeiros …