Category: Val do Dubra
O PSdeG esíxelle a Rueda que dea marcha atrás no peche do Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá
O PSdeG esíxelle á Xunta de Galicia que dea marcha atrás na súa decisión de pechar o Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá, e levará esta reivindicación ao Parlamento galego. “Dende o Partido Socialista de Val do Dubra, consideramos necesario formular esta cuestión ante o Parlamento, reivindicando que a Xunta …
O PSdeG pide á Xunta colaboración co Concello de Val do Dubra para evitar o peche da oficina do Banco Sabadell
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento galego a cuestión do peche da oficina do Banco Sabadell en Val do Dubra, co obxectivo de que a Xunta de Galicia se implique para evitar dito peche. O alcalde socialista do municipio, Diego Díaz, explica que “o Partido Socialista de Val do Dubra quere achegar esta problemática ao Parlamento …
O PSdeG reclámalle á Xunta unha mellora integral da AC455 en Val do Dubra e un trazado alternativo
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta leve a cabo unha mellora integral na AC-455 ao seu paso por Val do Dubra e estableza tamén un trazado alternativo para liberar da sobrecarga de tráfico o tramo da ponte sobre o río Dubra. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que na súa visita …