Category: Municipios
O PSdeG de Ribeira denuncia a manipulación política do PP e esixe desculpas públicas a Vicente Mariño
A Agrupación Socialista de Ribeira quere expresar a súa condena ante calquera forma de acoso, pero tamén a súa máis firme negativa a aceptar acusacións falsas e manipuladas. O PSdeG e os simpatizantes non teñen realizado nin realizarán nunca ningunha acción de coacción ou intimidación contra ninguén. Resulta profundamente indignante e preocupante que o Partido …
O PSdeG de Coristanco critica a improvisación e o engano do goberno do PP
O PSdeG de Coristanco critica con dureza a forma de actuar do goberno municipal do Partido Popular, que vén de convocar un pleno extraordinario “con présa e sen planificación” unicamente para tapar un requirimento da Deputación da Coruña e incluír un proxecto “amañado e fóra de tempo” que non resolve os problemas reais da parroquia …
O PSdeG de Zas homenaxeará este sábado a Isabel Suárez Amado na Casa do Pobo ás 18:00
O PSdeG-PSOE de Zas dedicará o Día da Muller Rural, celebrado o pasado día 15 de outubro, á zaseira Mª Isabel Suárez Amado, cunha homenaxe que terá lugar este sábado 18 de outubro. A Casa do Pobo, na Rúa Agra dos Cregos, acollerá ás 18:00 do sábado o acto e a entrega á familia dun …
O PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” das inmediacións do campo de fútbol e o CEIP da Barqueira
O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” no que se atopan as inmediacións do campo de fútbol municipal Bernardino Breijo e o CEIP da Barqueira. En palabras do voceiro socialista local Brais Prieto, “o estado da contorna do campo de fútbol da Barqueira e do colexio súmase ao estado de abandono xeral en …
O PSOE de Ordes denuncia a responsabilidade e falta de transparencia do Concello tras descubrirse o criadeiro ilegal
O PSdeG-PSOE de Ordes esixe transparencia ao Concello e que actúe tras o descubrimento dun criadeiro clandestino no municipio. Dende a agrupación socialista local manifestan a súa preocupación polo brutal caso de maltrato animal, xa que no criadeiro ilegal se localizaron centos de animais mortos e outros moitos en condicións críticas. Reclaman ao Concello que actué …
O PSOE de Carballo lamenta que o novo alcalde xure a Constitución por imperativo legal: “nesta cuestión non pode haber medias tintas”
O PSdeG-PSOE de Carballo lamenta que o novo alcalde do BNG no municipio, Daniel Pérez, optase por estrearse no cargo xurando cumprir a Constitución Española “por imperativo legal” no pleno de investidura. A voceira socialista local María Carmen Vila afirmou que “nesta cuestión non pode haber medias tintas, ou estás coa Constitución que garante a …
Silvia Longueira acusa á Xunta de “non defender fondos e parcelas públicas” ante o risco de non perder 10 millóns de euros en Xuxán
A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, acompañada polo eurodeputado Nicolás González Casares, mantivo un encontro cos cooperativistas de Xuxán para analizar a situación do proxecto das 214 vivendas de alugueiro social e o risco de perder 10 millóns de euros en fondos Next Generation debido aos atrasos na súa execución. Galivivienda, sociedade cooperativa …
O PSOE de Cambre denuncia “a ruptura unilateral do diálogo do goberno do PP co persoal municipal”
O Grupo Municipal Socialista de Cambre reuniuse con representantes do persoal municipal tras a ruptura unilateral do diálogo con estes por parte do goberno do PP, unha decisión que “xerou un profundo malestar e que demostra, unha vez máis, a incapacidade do actual equipo de goberno para xestionar con rigor e empatía”. Así o afirmou …
O PSdeG de Zas homenaxeará a Isabel Suárez Amado, figura clave do movemento asociativo local
O vindeiro día 18 de outubro ás 18:00, o PSdeG de Zas fará un acto de homenaxe e recoñecemento a Isabel Suárez Amado, figura clave do tecido asociativo da vila, falecida no ano 2018. Sheila Rial, voceira socialista local, sinala que será “un acto pensado dende o cariño e o respecto, no cal se outorgará …
O PSdeG reclama unha rehabilitacion integral do CPI de Zas
O PSdeG-PSOE de Zas reuniuse no Parlamento de Galicia co Grupo Parlamentario Socialista para trasladarlle as demandas da comunidade educativa do CPI de Zas, despois de reunirse coa ANPA de dito centro. A voceira socialista de Zas, Sheila Rial, participou na reunión xunto á deputada Patricia Iglesias e o deputado Aitor Bouza, coa fin de …
O PSdeG reclamará no Parlamento galego máis profesorado para o CEIP Valle Inclán de Oleiros
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas coas que pretende denunciar a situación de falta de profesorado no CEIP Ramón María del Valle Inclán, en Oleiros, e reclamarlle á Xunta unha solución ao problema. A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, presentará estas iniciativas co obxectivo de dar voz as …
O PSdeG participa na concentración contra os recortes educativos en Muxía e levará as súas reivindicacións ao Parlamento
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas encamiñada a esixirlle á Xunta que reverta os recortes educativos nos colexios de Muxía. Así o anunciou o deputado socialista Aitor Bouza despois de participar nunha concentración contra esta problemática no municipio, xunto ao PSOE muxián e o seu voceiro socialista local Iago Toba. …
O PSdeG levará ao Parlamento galego a situación do transporte escolar no caso do alumnado do IES Terra de Xallas de Santa Comba
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a situación “absolutamente insostible” do transporte escolar en Santa Comba, particularmente no caso do alumnado do IES Terra de Xallas. O alcalde socialista da localidade, Alberto Romar, participou xunto á agrupación socialista local na concentración celebrada hoxe no municipio para reclamarlle á Xunta de Galicia unha solución a …
O PSdeG esixe á Xunta ampliación e mellora do IES de Cacheiras en Teo
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia a ampliación e mellora urxente do IES de Cacheiras, o único instituto público do concello de Teo, que acolle a case 700 alumnos e alumnas e que leva anos denunciando deficiencias. A deputada socialista Patricia Iglesias, xunto co deputado Aitor Bouza, visitaron o centro educativo para coñecer de …
O Grupo Socialista esíxelle a Educación que retire as gradas do IES Manuel Murguía de Arteixo
A parlamentaria socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Consellería de Educación que retire as gradas do IES Manuel Murguía de Arteixo pola súa “lamentable situación de deterioro”, que as convirte nun perigo para os alumnos e o público en xeral. Longueira presentou unha pregunta na Comisión de Educación que se celebrou hoxe no Parlamento para …