Category: Municipios
Inés Ramos urxe ao Concello da Laracha a “actuar na promoción de vivenda pública”
O Grupo Municipal Socialista da Laracha, encabezado pola súa voceira Inés Ramos, rexistra para o vindeiro pleno unha batería de iniciativas que abranguen “dende o compromiso coa paz internacional ata a calidade de vida, a saúde e a protección do territorio no municipio”. Inés Ramos abrirá a súa intervención cunha “defensa firme da paz”, instando …
O PSOE de Coristanco denuncia que o Goberno municipal da “mal exemplo” ao depositar restos de poda no camiño público da Agualada
O PSOE de Coristanco denuncia a “grave irresponsabilidade” do Goberno municipal tras comprobar que se depositaron restos de poda nun camiño público que conduce á área recreativa de Agualada, unha actuación que os socialistas consideran “inapropiada, inxustificable e contraria ao exemplo que debe dar unha administración pública”. Desde o grupo socialista sinalan que esta situación …
O PSdeG levará ao Parlamento a falta de pediatría nas Pontes e esixe á Xunta unha cobertura estable e permanente
O PSdeG denunciou hoxe a situación do servizo de pediatría no centro de saúde das Pontes e anunciou que levará esta cuestión ao Parlamento galego para esixir unha solución inmediata por parte da Xunta de Galicia. O PSdeG reclama que se garanta de forma urxente a cobertura completa, estable e permanente das dúas prazas estruturais …
O PSOE de Rianxo esixe a rectificación dos asfaltados para garantir a seguridade da veciñanza
Rianxo. O PSOE de Rianxo denuncia o rápido deterioro de asfaltados executados recentemente no municipio, con socavóns en pistas de apenas dous meses, o que está a xerar malestar e problemas no día a día dos veciños e veciñas. Mentres tanto, zonas como Pousada no Araño e Quintáns, en Isorna, seguen á espera de actuacións …
O PSdeG esixe á Xunta que cumpra co seu compromiso coa cidadania de Vedra e execute a remodelación do Centro de Saúde de Vedra
O PSdeG esixe á Xunta de Galicia que cumpra co compromiso anunciado en febreiro de 2025 e execute sen máis demora a remodelación do Centro de Saúde de Vedra, unha actuación considerada prioritaria para garantir unha atención sanitaria pública de calidade no municipio e na súa contorna e que ademáis foi anunciada hai máis dun …
O PSdeG de Malpica reunirase coa veciñanza das parroquias de Cerqueda, Mens, Leiloio e Vilanova
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños continúa a realizar reunións coa veciñanza do municipio nas súas diferentes parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal. Estas xuntanzas continuarán este domingo 22 de marzo en Cerqueda, ás 12:30 horas, nas Escolas das …
O PSdeG de Ribeira levará a pleno a construción dunha pasarela na praia do Prado para mellorar a conexión peonil en Corrubedo
O PSdeG de Ribeira defenderá no próximo pleno unha proposición para aprobar a construción dunha pasarela na praia do Prado, en Corrubedo, coa finalidade de conectar de maneira máis directa a rúa Prado, a rúa Atalaia, a rúa Bandariarrego, a Travesa do Torreiro e a rúa Torreiro. Para os socialistas, trátase dunha actuación necesaria para …
O PSdeG reclama no Parlamento de Galicia melloras para o IES Fernando Blanco de Cee
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego que a Xunta de Galicia arranxe o IES Fernando Blanco de Cee. A deputada Patricia Iglesias visitou o centro xunto á alcaldesa socialista Margot Lamela para coñecer de primeira man o estado do centro. Iglesias definiu o instituto como “un edificio emblemático e tamén emblema da educación pública para …
O PSOE de Cambre sinala que “non é o momento de guerras políticas, hai que centrarse nos problemas da veciñanza”
O portavoz do PSOE de Cambre, Diego Alcantarilla, realizou unha valoración da situación política actual no municipio, afirmando que “o grupo municipal socialista non vai entrar en guerras políticas nin en debates que non achegan solucións a Cambre”. “Consideramos que o que se necesita é máis responsabilidade política, e centrarse nos problemas dos veciños”, manifestou …
O PSOE da Laracha acusa ao goberno local de “non saber onde investir os cartos públicos”
O Grupo Socialista da Laracha realizou unha valoración crítica do pleno municipal celebrado o mércores, no que se aprobaron os orzamentos de 2026 e varias modificacións fiscais. A súa voceira, Inés Ramos, cuestionou o modelo de xestión económica do goberno municipal e a falta de planificación nas principais decisións adoptadas. Por unha banda, dende o …
O PSdeG de Ribeira critica que a alcaldesa e a Xunta sitúen a residencia fóra do núcleo urbano: “Illará ás persoas maiores da vida da vila”
O PSdeG de Ribeira critica o anuncio realizado polo goberno municipal do PP e a Xunta de Galicia sobre a futura residencia de maiores e advirte de que a decisión de trasladar o proxecto á zona de Cruxeiras, preto do parque de San Roque, non só supón un novo atraso na súa construción, senón tamén …
O PSdeG reclámalle á Xunta que no Centro de Saúde de Carral se poidan pasar consultas “sen estar debaixo de pingueiras”
A deputada socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Xunta que execute as obras de mantemento necesarias para que no centro de saúde de Carral se poida pasar consulta “sen estar debaixo de pingueiras”. Referiuse así ás deficiencias que se rexistran nun edificio que queda pequeno para atender á poboación da localidade e que presenta numerosas …
O PSdeG de Carral solicita información ás tres administracións sobre o cambio de uso do solo residencial no polígono dos Capelos
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Carral rexistrou no día de hoxe solicitudes formais de información ante tres administracións públicas co obxectivo de coñecer con detalle o procedemento de cambio de uso do solo residencial a industrial no ámbito do Polígono de Os Capelos. A iniciativa foi presentada pola voceira socialista, Patricia Blanco …
O PSOE denuncia a “parálise” do goberno de Cabanas e pide responsabilidade política ante un executivo “sen equipo e sen explicacións”
O pleno extraordinario celebrado esta semana no Concello de Cabanas, solicitado polo Grupo Municipal Socialista para aclarar a situación do cobro do aparcadoiro da Praia da Madalena e a xestión do piñeiral, deixou para o PSdeG “unha conclusión preocupante”, xa que “o goberno municipal do PP continúa sen ofrecer respostas claras nin asumir responsabilidades sobre …
O PSdeG denuncia “o novo cambio de versión do PP e o enésimo atraso do polígono industrial” en Coristanco
O PSdeG-PSOE denuncia “o novo cambio de versión do PP e o enésimo atraso do polígono industrial” logo de que o goberno local de Juan Carlos García volvese modificar as súas previsións sobre o polígono industrial da Miñata . A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamentou que o Partido Popular “atrasa unha vez máis o inicio …