Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Agrupación Provincial da Coruña

O PSdeG Provincial da Coruña celebrará o 11 de maio o seu 5º Congreso Provincial

Fernández destacou o gran labor de todos as e os representantes socialistas nas institucións: dende as alcaldesas e alcaldes, concelleiras/os, así como da Presidencia da Deputación da Coruña para mellorar a calidade de vida da cidadanía da provincia O secretario provincial criticou que “Todo isto dáse nun contexto de afogamento económico por parte da Xunta …

O PSdeG provincial denuncia a inacción do Concello e a Xunta ante a falta de auga potable nos dous centros educativos de Ferrol

-O secretario provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou que Augas de Galicia é “dilixente no control da calidade das augas para consumo humano, casualmente, onde non goberna o PP” O PSdeG Provincial da Coruña deu unha rolda de prensa sobre a problemática da falta de auga potable no CEIP Isaac Peral e no IES Saturnino Montojo …

O PSdeG esixe a Rueda que non execute a moción de censura en Outes respectando o pacto antitransfuguismo

-O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro lembra que o concelleiro José Antonio Caamaño “está expulsado do PSdeG e, polo tanto, é un tránsfuga” -Fernández Piñeiro advírtelle ao PP que sería ilegal incluílo no equipo de Goberno O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña insta ao Partido Popular a cumprir co Pacto Antitransfuguismo asinado por ambas formacións …

O PSdeG participa xunto a Down Galicia nunha xuntanza co Secretario de Estado de Educación para trasladar as súas propostas en materia de educación inclusiva

-Aitor Bouza sinalou que “o que provoca a inclusión plena e efectiva nos centros ordinarios é que os resultados sexan óptimos para a propia educación, tanto das persoas que conforman o colectivo de Down, como tamén para todos os rapaces e rapazas” O PSdeG participou en Madrid nunha reunión co Secretario de Estado de Educación, …

O PSOE de Mugardos propón “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”

O PSdeG-PSOE de Mugardos propón ao BNG e a Esquerda Unida conformar “un goberno estable para sacar o municipio da parálise do PP”. O Partido Popular goberna Mugardos en minoría con 6 concelleiros, mentres que o BNG conta con 3 edís, o PSOE tamén con 3, e EU con 2. “Para saír desta situación, as …

O PSdeG provincial reclama que a Xunta poña en marcha unha unidade de rehabilitación cardíaca en Ferrol

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclama que a Xunta poña en marcha unha Unidade de Rehabilitación Cardíaca na Área Sanitaria de Ferrol, a única en Galicia que non conta cunha unidade destas características. A coordinadora comarcal do PSdeG en Ferrolterra, Natividad González Laso, lanzou esta reclamación dende o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol xunto ao …

Bernardo Fernández Piñeiro reclama “que se modifique a Lei de Financiamento Local para garantir que os recursos cheguen aos concellos”

O secretario xeral provincial participou na Coruña nunha convención precongresual para preparar as emendas que levarán ao 41º Congreso Federal do PSOE O PSdeG-PSOE da comarca da Coruña e das Mariñas celebrou unha convención precongresual para preparar as emendas que levarán ao 41º Congreso Federal do PSOE, que comezará o 29 de novembro en Sevilla. …

O PSdeG provincial insta á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro da AC-230 en Curtis onde perdeu a vida o conductor de ambulancia

Os socialistas reclaman ao alcalde da localidade “que sexa reivindicativo coa Xunta igual que o é con outras administracións” O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña insta á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro do tramo da estrada autonómica AC-230 ao seu paso por Curtis onde perdeu a vida un conductor de ambulancia a pasada …

O PSdeG provincial insta ao alcalde de Curtis “a crear un servizo de Policía Local”

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña comprende e respalda a preocupación do alcalde de Curtis pola seguridade, pero insta a Javier Caínzos a poñer en marcha un servizo de Policía Local. O corporación municipal aprobou recentemente de xeito unánime unha iniciativa instando ao mantemento do cuartel da Garda Civil, unha petición que os socialistas suscriben, …

Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” uns orzamentos da Xunta que “esquecen a comarca”

Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025. “De novo uns orzamentos que esquecen a comarca de Bergantiños e non apostan por ela”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable de comarca de Bergantiños no Parlamento de Galicia. “Vemos máis débeda e menos financiamento dos servizos de benestar, ausencia …

Os socialistas do interior coruñés lamentan que “2025 será outro ano perdido para a comarca nos orzamentos da Xunta

Os socialistas do interior da Provincia da Coruña lamentan que “2025 será outro ano perdido para a comarca nos orzamentos da Xunta de Galicia”. A deputada socialista responsable da comarca no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, calificou estes orzamentos de “moi febles para toda a zona do interior da provincia, dende Arzúa ata Vilasantar”. “Unicamente …

O PSOE da Costa da Morte critica que “os orzamentos da Xunta non recollen partidas para rematar a autovía AG-55”

Os socialistas da Costa da Morte consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado. “A comarca da Costa da Morte é un ano máis a gran esquecida por parte da Xunta, que ademais afoga aos concellos con competencias impropias”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable da Costa da …

Os socialistas consideran “testimoniais as partidas dos orzamentos da Xunta para as infraestruturas do Barbanza”

Os socialistas consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado, “xa que as partidas para mellorar as infraestruturas da comarca do Barbanza son testimoniais”. “Hai investimentos no saneamento e depuración da ría de Muros e Noia ou en Lousame, pero a maior parte das demandas da veciñanza …

Os socialistas das Mariñas lamentan que os orzamentos da Xunta “deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca”

Os socialistas das Mariñas Betanceiras lamentan que os orzamentos anunciados pola Xunta de Galicia para 2025 “deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca”.  Así o expresou a deputada socialista responsable da comarca no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, que sinalou que “concellos como Betanzos, Abegondo, Aranga, Irixoa, Paderne ou Monfero non …

Os socialistas de Santiago reclaman “máis chan industrial e partidas sociais para a comarca nos orzamentos da Xunta”

Os socialistas da Santiago consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos onte, “xa que non miran para a nosa comarca, non atenden as nosas necesidades”. “Nin máis chan industrial, nin máis vivenda pública, nin melloras nas infraestruturas nin aposta polas políticas sociais”, sostén Patricia Iglesias, deputada da responsable …