Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Rianxo agradecen “a aposta da Deputación por implantar no noso concello un novo modelo de residencia pública”

“As persoas maiores merecen a mellor atención e a Deputación tivo en conta as demandas do PSOE de Rianxo”, asegura Óscar Rial


Os socialistas de Rianxo agradecen “o compromiso da Deputación da Coruña co noso concello, agora co novo modelo de residencia pública que teremos”.

“En marzo de 2023, o PSOE de Rianxo xa falaba da necesidade doutro modelo de residencia, cunha atención integral e renovada ás personas maiores”, lembra Óscar Rial.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, mantivo unha reunión con Rial para explicarlle os detalles da nova residencia, “un modelo con menos prazas, unha atención persoalizada, máis innovación e convivencia interxeneracional; un modelo máis próximo ao que están a desenvolver nos países do norte de Europa, que evite o desarraigo que sofren as persoas maiores creando espazos máis humanizados para elas”.

“É unha satisfacción para Rianxo poder contar cunha residencia deste tipo, os nosos maiores merecen a mellor atención, máis social e máis cercana”, engade o portavoz socialista de Rianxo, que destacou que o modelo que quere implantar a Deputación “é pioneiro e innovador”, e mostrou a súa disposición a colaborar no deseño e evolución do proxecto “achegando ideas e suxerencias desde o Partido Socialista”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes