Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE da Costa da Morte critica que “os orzamentos da Xunta non recollen partidas para rematar a autovía AG-55”

Os socialistas da Costa da Morte consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado.

“A comarca da Costa da Morte é un ano máis a gran esquecida por parte da Xunta, que ademais afoga aos concellos con competencias impropias”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable da Costa da Morte no grupo dos socialistas no Parlamento de Galicia.

“As contas autonómicas tampouco recollen melloras no Hospital de Cee nin partidas para rematar a autovía AG-55, que segue igual desde a época de Touriño, ou eliminar as súas peaxes”, engade.

“Ningunha das demandas do PSOE da Costa da Morte teñen cabida nas contas da Xunta para mellorar as infraestruturas e servizos da comarca”, remata.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes