Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Bernardo Fernández traslada “o apoio do socialismo galego a Iago Toba e aos veciños de Muxía, aos que se lles vai impoñer un alcalde que non elixiron nas urnas”

-“Ana Pontón debe aclarar se cumpre o que di ou só fala para a galería, o BNG ten nas súas mans parar esta moción de censura”, afirma

-“Os dous partidos que apoian a moción de censura non aclaran se entrarán no goberno local, que pode ter só dous concelleiros”, engade o secretario xeral provincial

-“A xente na rúa non entende nada, non é loxico o que vai pasar”, sostén Iago Toba, que pasará á oposición “tranquilo e cos meus valores intactos”

Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG Provincial, quixo trasladar hoxe en Muxía “todo o apoio do socialismo galego a Iago Toba e a todos os veciños de Muxía, ós que se lles vai impoñer un alcalde que non elixiron nas urnas”.

“A moción de censura é un atropelo democrático, van impoñer por intereses espúreos un alcalde dun partido que só obtivo dous concelleiros nas pasadas eleccións”, engade Fernández. Os socialistas da Coruña celebraron hoxe en Muxía a súa executiva provincial para analizar a moción de censura e apoiar ao alcalde.

“Non nos sorprende que o PP entre nestas maniobras, pero si o BNG, que di unha cousa pero fai a contraria”, afirma Fernández. “Pero non é a primeira vez que o BNG fai algo parecido, como pasou en Cariño, e aquí en Muxía anunciaron a apertura dun expediente, pero non a expulsión”, asegura.

“Iago Toba liderou nas eleccións o partido máis votado con diferencia e seguirá traballando por Muxía”, lembrou.

“PP y BNG nin sequera aclaran se entrarán no goberno local, que pode ter só dous concelleiros”, apunta Fernández, que lle pide “a Ana Pontón que diga o que pensa sobre a moción en Muxía e actúe”.

“Ana Pontón debe aclarar se cumpre o que di ou só fala para a galería, o BNG ten nas súas mans parar esta moción de censura ou permitir que saia adiante”, afirma.

“O PP cede a alcaldía a unha forza política con só dous concelleiros e o BNG pon os seus votos ao servizo de dereita, ista é a situación en Muxía”, lamenta Bernardo Fernández.

Pola súa, parte, o alcalde de Muxía, Iago Toba, manifestou que “a xente na rúa non entende nada e nos apoia, non é loxico o que vai pasar”, ademais de afirmar que pasará á oposición “tranquilo e cos meus valores intactos, presentareime ás próximas eleccións con máis forza que nunca”.

“Nós temos as cousas claras e non cambiamos, non imos engañar ós nosos veciños, fronte a esta moción que non ten lóxica, pero a xente de Muxía é intelixente e non o compra”, advirte Toba. “Doblamos en votos á segunda forza política e cuatriplicamos os votos do BNG, que agora quere manexar o cotarro. Ana Pontón debe deixar de agocharse e dar a cara con contundencia”, remata o alcalde.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes