Os socialistas da Laracha critican que o alcalde, José Manuel López, “non actúe ante os problemas que preocupan á comunidade educativa local”.
“Levamos ao pleno desta semana dous mocións sobre á matriculación de alumnado fóra de prazo e sobre as ratios de alumnos por clase”, explica a portavoz do PSOE, Inés Ramos López.
“O alcalde dixo que coñece estas situacións que se dan nos centros e así o traslada á Consellería de Educación, pero vota en contra da urxencia da moción e di que non ten competencias en materia de educación; por ese motivo, lávase as mans argumentando que xa fai o que ten que facer, que é poñelo en coñecemento da consellería”, sostén Inés Ramos.
“Non explica nada do que se fala coa consellería nin que respostas da o goberno galego aos citados problemas; en resumo, en público apoia aos pais, nais e aos propios centros, pero a realidade é ben distinta pois vota en contra de elevar formalmente á Consellería de Educación estas situacions reais que afectan aos nenos, nenas e adolescentes do noso pobo”, engade a socialista.
O PSOE presentou outra moción para regular o protocolo en actos e eventos nos que teña que estar representado o concello, “pero o alcalde votou en contra da urxencia, sen entrar en debate”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS