O Pleno de Ponteceso aproba unha moción dos socialistas para pedir á Xunta “que as cantidades recadadas polo canon da auga sexan revertidas no noso concello”
Tamén saíron adiante outras dúas mocións impulsadas polo PSdeG-PSOE
O pleno do Concello de Ponteceso aprobou unha moción presentada polos socialistas para pedir á Xunta “que todas as cantidades recadadas pola aplicación do canon da auga no noso concello sexan reinvertidas en infraestruturas no propio Concello de Ponteceso”.
O texto, asinado polo portavoz do PSOE de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, insta “a celebrar urxentemente unha reunión coa presidencia de Augas de Galicia para que salde a débeda histórica co noso Concello, compensándonos como mínimo co importe da recadación do canon da auga no Concello de Ponteceso, ante o grave estado do abastecemento con fibrocemento e os nulos proxectos de ampliación do saneamento”.
Noutra das mocións impulsadas polos socialistas, o pleno comprométese “a impulsar, co maior consenso posible, xunto ás forzas políticas municipais, as administracións públicas e as organizacións da sociedade civil, un Acordo Municipal contra os Discursos de Odio, co obxectivo de erradicar a discriminación que sofre o colectivo LGTBI, as minorías e os colectivos vulnerables”.
“Queremos colaborar co tecido asociativo que promove o respecto á diversidade e as redes de apoio para as vítimas dos discursos de odio”, explica García Carballido.
Na terceira das mocións, o pleno “insta á Xunta de Galicia a que inicie de inmediato todas as accións necesarias para conseguir a eliminación das peaxes nas autoestradas AG-55 e AG-57, de titularidade autonómica”. O PSOE aceptou a transacción que pedía tamén a gratuidade dá AP9.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS