Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG-PSOE denuncia os atrasos no transporte público que conecta Valdoviño con Ferrol

  • Os socialistas reclaman unha solución inmediata á Xunta para evitar que os veciños e veciñas de Valdoviño sigan chegando tarde aos seus respectivos centros educativos e de traballo

O deputado socialista Aitor Bouza denuncia os atrasos que se están a producir dende fai días na liña de autobús que conecta Valdoviño con Ferrol e que afectan especialmente aos veciños e veciñas do municipio, tanto estudantes que precisan do transporte para acudir ao seu centro académico como traballadores e traballadoras que teñen que chegar aos seus respectivos lugares de traballo. “Todos os usuarios desta liña están vendo cada día como quedan tirados porque o bus non funciona ou porque se estropea, ou directamente vai botando fume polo camiño. Isto resúmese na absoluta deixadez da Xunta de Rueda que deixa tiradas a estas persoas nas paradas”, sinala Bouza.


Concretamente, na xornada do luns 19 de outubro, un conductor que saía cara Ferrol dende Valdoviño tívose que poñer en contacto coa compañía Monbus debido a que o autobús que conducía atopábase en mal estado, co motor botando fume e co sistema de freo estropeado. A contestación da compañía, segundo informan os usuarios afectados, foi nula, ademais de que durante días experimentaron atrasos na chegada de autobuses de substitución.

Os socialistas critican a falta de realización das inspeccións necesarias ao respecto por parte da Consellería da Xunta, que aseguran “non lle esixe á concesionaria que cumpra coa licitación”, para resolver esta problemática e piden que o Goberno galego se comprometa a dar unha solución. “O que vamos a facer é esixirlle ao señor Rueda que resolva este problema para que non volvan quedar tirados todos estes rapaces e rapazas que teñen que ir ao instituto e que están a chegar dúas horas tarde en moitos dos casos, ou directamente non están chegando ao seu centro universitario porque perden a conexión entre Valdoviño, Ferrol e Coruña”, lamenta Bouza.

En consecuencia, o partido socialista anuncia que levará ó Parlamento esta cuestión para que a Xunta de Galicia poña unha solución inmediata “para que todos estes rapaces e rapazas que fundamentalmente son os que están a coller o bus para poder acudir ao seu centro educativo, non teñan que quedar tirados”.


Aitor Bouza – Transporte Valdoviño – out26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes