Silvia Longueira cualifica os orzamentos da Xunta para 2027 de “escasos” e denuncia a falta de atención á comarca da Coruña
- Os socialistas cuestionan a planificación orzamentaria da Xunta e alerta da escasa execución do orzamento no primeiro semestre de 2026
A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira cualificou de “escasos e mal plantexados” os orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 e criticou a falta de atención á comarca da Coruña nas contas previstas para o próximo ano.
Longueira sinalou que, “máis alá dalgúns investimentos plurianuais que xa estaban confirmados e concertados”, a comarca volve padecer, a falta dunha atención adecuada por parte do Goberno galego.
Ademais, Silvia Longueira sinalou que nos primeiros seis meses de 2026 só se executou entre o 25 % e o 30 % dos orzamentos establecidos. “Vamos atoparnos outra vez con que temos orzamentos malos e, despois, por riba, van estar pouco executados”, advertiu a deputada socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS