- “Non pode ser que cando o médico non estea non manden a ninguén para sustituilo, e se o mandan só é durante apenas dúas horas”, sinala María José Cal Álvarez
María José Cal Álvarez, voceira socialista en Irixoa, reclámalle á Xunta de Galicia que envíe a un médico ou médica para cubrir as ausencias do doutor do Centro de Saúde do municipio.
“Dende o PSdeG-PSOE de Irixoa queremos denunciar a problemática que están a sufrir os nosos veciños e veciñas pola situación que dende hai moito tempo se vén dando no Centro de Saúde pola falta de persoal”, explica Cal Álvarez.
“Non pode ser que cando o médico non estea non manden a ninguén para sustituilo, e se o mandan sé é durante apenas dúas horas”, engade a concelleira socialista.
Cal Álvarez firma que “a Xunta está a desmantelar a sanidade pública, e esta situación que estamos a vivir en Irixoa é un exemplo máis dos recortes de servizos públicos implementados polo PP”.
“Poden pasar dous, tres días ou máis nos que Irixoa está sen médico ou médica cada vez que isto ocorre”, sinala a socialista, que conclúe esixíndolle á Xunta de Galicia “que lle dea unha solución a este problema”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS