Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG leva ao Parlamento galego as reclamacións da ANPA do IES de Fene

  • A voceira socialista local María Ares e o deputado Aitor Bouza reclámanlle á Xunta a rehabilitación do centro

O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia as reclamacións da ANPA O Pazo do IES de Fene, reclamándolle ao goberno galego a rehabilitación do centro.

A voceira socialista local María Ares afirma que “o estado das instalacións do IES de Fene é impropio dun centro educativo do século XXI”.

“As denuncias da ANPA e da comunidade educativa poñen de manifesto problemas de seguridade, accesibilidade e conservación que a Xunta non pode seguir ignorando”, sinala a portavoz socialista.

“Desde o PSOE de Fene esiximos unha actuación urxente e un compromiso firme para acometer as reformas necesarias”, engade.

Ares considera que as alumnado, o profesorado e as familias merecen “unhas instalacións dignas e seguras e en condicións adecuadas” e que “a educación pública tamén se defende investindo nos seus centros”.

Pola súa banda, o deputado Aitor Bouza destaca a recollida de sinaturas realizada dende a ANPA “para reclamarlle á Xunta de Galicia e á consellería de educación que realice as actuacións urxentes destinadas a mellorar tanto as infraestruturas como os servizos do instituto”.

“Nós por iso collemos esta reivindicación que fan dende a comunidade educativa, particularmente dende a ANPA deste centro educativo, e imos trasladar esta cuestión ao Parlamento de Galicia”, apunta.

“Esixímoslle como sempre ao señor Rueda que escoite á comunidade educativa que escoite as demandas que lle fan desta ANPA”, salienta Bouza, que presentará unha batería de iniciativas neste sentido na cámara.

Nela instarase á Xunta a que se realice unha avaliación técnica integral, que se identifiquen as actuacións precisas para garantir o seu correcto funcionamento e que se execute con carácter prioritario un plan de actuacións e investimentos.

Pide tamén “que se incorpore con carácter inmediato unha partida no orzamento da Xunta de Galicia para que se poidan acometer todas esas cuestións necesarias e urxentes”.

“En definitiva, non pedimos outra cousa que que se escoite á comunidade educativa do IES de Fene e que se poida realmente realizar esas melloras no centro educativo, que son competencia exclusiva da Xunta de Galicia”, subliña. “Xa non teñen escusas, aquí non lle poden botar a culpa a outra administración”, insiste. “Esiximos unha resposta inmediata e polo tanto que se dea tamén por parte da Xunta de Galicia a debida actuación para que realmente non se teñan que ver nas condicións que actualmente se atopan neste centro educativo”, conclúe.


Aitor Bouza – IES Fene – xuñ26
María Ares – IES Fene – xuñ26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes