Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Curtis reclama a ampliación da depuradora do Polígono de Curtis-Teixeiro para evitar os vertidos ao Mandeo

  • Fernando Rey Leira, secretario xeral local, explica que a actual depuradora non pode xestionar o actual volume de residuos

A Agrupación Socialista de Curtis reclama a ampliación da depuradora do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro, coa fin de evitar os vertidos ao río Mandeo que se están a producir polas deficiencias actuais da instalación.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE local, Fernando Rey Leira, reuniuse coa deputada autonómica Silvia Longueira para abordar esta situación, que califica de “perigo para o medio ambiente e para a veciñanza de Curtis”.

A Xunta de Galicia ten que deixar de mirar cara a outro lado con esta situación, que xa é absolutamente alarmante”, advirte Rey Leira.

“Actualmente dispoñemos dunha depuradora exclusiva para as empresas do Poligono de Curtis-Teixeiro, pero acontece que a depuradora xa no aganta mais residuos a depurar”, explica o secretario xeral local.

“Cando iso acontece verten a auga sen depurar do Poligono ao río Mandeo”, lamenta Rey Leira, que engade que “xa se fixo a correspondente denuncia ao Seprona”.

“Solicitamos que se amplie a depuradora e que se retiren os plásticos e botellas que se acumulan no río, pois é todo un perigo para a saúde pública”, explica o socialista.

“Tamén solicitamos que se deixe de verter ditas augas ao rio Mandeo e, insistimos, que urxentente amplien a depuradora das augas residuais do polígono”, conclúe.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes