O PSOE de Ponteceso insistiu e conseguiu aprobar a moción de vivenda, que fora rexeitada polo PP e os grupos que o apoian Partido Galego e Adiante por Ponteceso
Ponteceso. Despois de argumentar que se veñen de aprobar 7.000 millóns de euros para o plan de vivenda 2026 e que Ponteceso non pode quedar fora, o Alcalde dou o brazo a torcer e apoiou a iniciativa do PSOE.
“A moción obriga ao Concello a poñerse a traballar e recuperar os tres anos perdidos desta lexislatura onde non fixo nada por conseguir vivenda asequible para os xóvenes e as familias de Ponteceso” asegurou o Portavoz local Xosé Lois García Carballido.
Froito da insistencia do PSOE de Bergantiños no problema da vivenda e da indignación que provocou o rexeitamento da moción anterior polo Alcalde, éste revelou unha entrevista coa conselleira de vivenda “sen froitos polo momento” e que pediron unha subvención para arranxar dúas vivendas nas casas dos mestres de Ponteceso.
Os compromisos aprobados onte son moito máis ambiciosos:
ACORDOS:
PRIMEIRO: O Pleno do Concello de Ponteceso insta ao Alcalde de Ponteceso a solicitar unha reunión urxente coa Conselleira de vivenda da Xunta para ofrecer solo público para a construcción de vivenda protexida, como os 2.000m2 de edificabilidade xunto á Galiña Azul e centro cultural de Ponteceso, en pleno casco urbano de Ponteceso, dentro dos 7.000 millóns de euros que veñen de aprobarse para vivenda en 2026..
SEGUNDO: O Pleno do Concello de Ponteceso insta ao Alcalde de Ponteceso á rehabilitación do patrimonio público en desuso municipal, para vivenda asequible: vivendas dos mestres, antigas unitarias e casas de peóns camiñeiros desafectadas ou que se poden desafectar, á vez que se promove unha campaña municipal para o aumento das persoas solicitantes de vivenda protexida.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS