Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Curtis demándalle á Xunta a ampliación urxente do CEIP de Teixeiro

  • Fernando Rey Leira sinalou as diversas deficiencias que presenta o centro

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reuniuse coa dirección do CEIP de Teixeiro para coñecer as súas problemáticas e as súas demandas, co obxectivo de levarllas ao Parlamento galego e á Xunta de Galicia.

O socialista explica que a reclamación máis urxente é a dunha “reforma do centro escolar en materia de eficiencia enerxética, debido en parte á necesidade do cambio de fiestras e portas polo mal estado no que se atopan”

“Dende que o colexio foi contruido non se fixo ninguna modificación nin por parte de Concello nin por parte da Consellería de Educación”, lamenta o secretario xeral do PSdeG local.

Rey Leira sinala ademais que o número actual de aulas do centro é insuficiente para 211 alumnos e alumnas que acoden ao mesmo. Actualmente conta con 4 unidades de Infantil e 9 unidades de Primaria.

Tamén denuncia que o despacho da directora é un espazo moi pequeño e teno que compartir coa xefa de estudos” e que a sala de profesores e un despacho pequeño” onde non collen todos os e as docentes.

“En xeral, o centro conta con moi pouco espazo, non só para os nenos e nenas se non tamen para o profesorado e a dirección do centro”, critica o socialista.

“Ao ter o espazo tan limitado non poderan atender á cativada do municipio”, advirte Rey Leira, que engade que o centro non conta nin con aula de informática nin con salón de actos. Isto obriga, cando teñen calquera actividade, “a saír fora do centro e ter que usar outros recursos como o centro de usos multiples de Teixeiro”.

O socialista quixo destacar tamén “a falta de mantemento no centro, especialmente na zona exterior de recreo, “onde teñen dúas fontes de auga en mal estado, con oxido e que non funcionan”.

Así mesmo, as fiestras son, en palabras de Rey Leira, “moi antigas, por onde entra frio”, e atópanse “obsoletas”, xa que levan postas dende que se construíu o colexio”.

“Dende a dirección indicanos que levan moito tempo pedindo ditas melloras, e a Xunta de Galicia sempre contestan que non hai cartos, cando iso non e así, dado que se ve como invirten cartos noutros centros” salienta.

“Dende a Xunta de Galicia fan oídos xordos e dende o Concello de Curtis tamén”, afirma. “Teñen unha concelleira encargada da área de educación, onde teñen unha reunión trimestral coa dirección do centro e a ANPA, onde se traslada o que precisan dende o consello escolar, e a concejala fai tamen oídos xordos”, lamenta.

“A Xunta de Galicia e o Concello de Curtis priorizan o centro escolar de Curtis, onde ofrecen FP, e non lle dá ao CEIP de Teixeiro prioridade para as suas necesidades, que son máis notorias e levan moito mais tempo demandándoas”, explica.

Anuncia que Silvia Longueira, deputada do Grupo Parlamentario Socialista, volverá levar esta cuestión ao Parlamento galego para preguntarlle á Xunta cando vai investir cartos dende a Xunta de Galicia nunha ampliación no CEIP de Teixeiro e reclamar a súa ampliación urxente.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes