Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG do Porto do Son anuncia unha campaña de recollida de firmas para evitar que o centro de saúde peche os sábados pola mañá

  • O voceiro socialista Jorge Romero denuncia que “esta imposición da Xunta de Galicia obriga á veciñanza a desprazarse moitos quilómetros ata o PAC de referencia”

O PSdeG-PSOE de Porto do Son anuncia unha campaña de recollida de sinaturas contra a decisión da Xunta de que o centro de saúde do municipio estea pechado os sábados pola mañá.

Para a agrupación socialista, esta decisión, que afecta tamén a outros centros de saúde da zona como os de Carnota e Mazaricos, é “inaceptable” ao obrigar a veciñanza “a desprezarse ata a máis de 20 quilómetros de distancia para recibir atención sanitaria”.

“A diferencia de tempo entre acudir ao centro de saúde e ter que ir ao PAC de referencia pode ser clave nos casos de moitas doenzas”, explica o voceiro socialista local Jorge Romero.

O portavoz socialista explica que o centro de saúde do municipio “abría ata agora os sábados de mañá para urxencias, facer curas ou dar atención a domicilio a quen o precisase”. “Agora haberá que acudir a Noia, a 16 quilómetros do noso municipio”, lamenta.

“De feito, aínda que o PAC de Noia é o máis achegado aos núcleos, hai unha boa parte da nosa veciñanza que xa estaba acudindo ao de Riberia ao ter algunha emerxencia”, sinala Romero.

“Isto non é outra cousa que un castigo á veciñanza do Barbanza, e en particular á do Porto do Son, que é unha das máis perxudicadas pola medida da Xunta”, lamenta o socialista.

Indica así mesmo que o cambio “será moi negativo tamén para o persoal sanitario, que non só se verá máis desbordado, se non que terá que desprazarse a unha maior distancia para os casos nos que teña que atender a domicilio”.

“Agardamos que a Consellería de Sanidade escoite á veciñanza a través de iniciativas como esta recollida de firmas, nós seguiremos loitando para recuperar e mellorar a atención sanitaria no municipio e na bisbarra”, conclúe Romero.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes