Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Curtis reclámalle a Concello e Xunta a rehabilitación da senda do río Mandeo

  • Fernando Rey Leira denuncia que a senda é intransitable a pe por mor dos troncos e polas nela, así como os desprendimentos de terra e a falla de mantemento en xeral

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Curtis, Fernando Rey Leira, reclámalle ao alcalde Javier Cainzos e a Augas de Galicia o arran  da senda do Rio Mandeo e a limpeza do rio e a propia senda. Denuncia que se atopa “nun estado de abandono e de deixadez por parte das administracións competentes, tanto a local como a Xunta de Galicia”.

O socialista advirte de que hai polas caídas na senda que a fan intransitable a pe, así como desprendementos de terra. Ademais, a cauce do rio está sen limpar, con troncos arrastrados pola auga do río tras a tempada de choivas intensas do inverno.

“Dende o PSdeG-PSOE Curtis demandamos que á maior brevidade posible as administracions competentes actúen e fagan os traballos que se teñan que facer, dado que son necesarios e urxentes”, indica Rey.

“Nesta senda atopamos un patrimonio clave do noso municipio, polo que é fundamental velar polo seu mantemento”, engade. “A veciñanza de Curtis merece unhas sendas en bo estado”, salienta. “Se queremos promocionar Curtis para atraer xente a vivir no noso municipio e a coñecelo, é imprescindible manter as insfraestruturas en boas condicións”, conclúe o socialista.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes