O PSdeG de Curtis reclama apoio ao sector gandeiro ante a baixada de prezo do leite galego e a competencia de Portugal e Francia
- Fernando Rey critica que Javier Caínzos “nin sequera se molestou como alcalde en buscar solucións para empresas que estan instaladas no polígono do municipio”
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Curtis, Fernando Rey Leira, renvindica medidas de apoio ás explotacions gandeiras, que están a sofrer perdas económicas logo da baixada dos precios do leite galego, “favorencendo o leite exportada doutros países como Portugal e Francia”.
Rey Leira amosa o seu apoio ao sindicato Unións Agrarias, “o principal sindicato no campo galego”, nas súas accións de protesta ás portas das industrias lácteas do poligono de Curtis-Teixeiro, para demostrar “o que nega a Xunta de Galicia”.
“A Xunta de Galicia négase a ver a realidade, que é a da entrada constante de leite foránea en Galicia, procedente doutros países como Portugal e Francia, con prezos que presionan a baixa dos contratos dos productores locais”, sinala o secretario xeral local.
O socialista lamenta o “esquecemento do alcalde de Curtis, Javier Cainzos, e os seus amigos do PPdeG da Xunta de Galicia, que alardean moito, dicindo que apoian aos gandeiros galegos”. “É pura propaganda e mentiras constantes, ao PPdeG non lle importan os gandeiros, só estan para sacar a foto e logo pasan de todo”, critica.
“O único que saben dicir é que o problema e do Goberno Central cando o problema é a Xunta de Galicia, e o señor Cainzos nin sequera se molestou como alcalde en buscar solucións para empresas que están instaladas no polígono do municipio”, engade.
“Dende o PSdeG-PSOE Curtis temos claro a nosa posición, que é o apoio incondicional ao sector, tanto o noso como o do PSdeG no Parlamento de Galicia, e a nivel estatal o do PSOE no Congreso dos Deputados”, afirma Rey Leira.
“Sempre apoiaremos a gandeiros e gandeiras do noso municipio e estaremos para buscar solucións reais fronte á pasividade do PPdeG na Xunta de Galicia, que mira cara outro lado, e a pasividade do Concello de Curtis”, apunta-
Para o secretario xeral do PsdeG de Curtis, “ao alcalde Caínzos non se lle ve moi preocupado, e cumpre ordes de Madrid e Santiago para seguir o mesmo guión que a Xunta de Galicia e Feijoo, o mesmo que dixo que cando chegase a Madrid o primeiro sería Galicia”.
O socialista curtense denuncia que se trata doutra “trola do PPdeG, é una vergoña que non lle preocupe o noso poligono, que estea entrando nas fabricas leite exportado doutros paises, defavorendo a baixada os prezos”.
Rey Leira remata anunciando que antes da Semana Santa contactará con representantes sindicais afectados e afectadas e concertará unha reunion para “escoitar as renvindicacións das partes implicadas para buscar solucións á maior brevidade posible”. Concluíu subliñando que “se a curto ou medio plazo os sindicatos convocan folga, o PSdeG-PSOE de Curtis estará aí, apoiando aos veciños e veciñas do municipio e ao sector gandeiro”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS