Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Frades celebra a aprobación no pleno da Deputación da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo

  • O voceiro socialista local Enrique Astray destaca o compromiso do goberno provincial con Frades

O PSOE de Frades celebra que o pleno da Deputación da Coruña aprobase hoxe as obras de construción da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo, na estrada provincial DP-3802.

O voceiro socialista local Enrique Astray lembra que “o pasado mes de decembro, o goberno provincial xa amosara o seu compromiso de iniciar as obras coa maior brevidade posible, a falta só do sondeo arqueolóxico e a súa aprobación pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta”.

“Agora, esta actuación tan necesaria está aínda máis preto de ser unha realidade, polo que agradecemos unha vez máis o compromiso da Deputación co noso municipio”, apunta Astray.

A senda peonil, cun investimento xa consignado de 527.175,85 euros, contará cun percorrido duns 2,5 quilómetros entre Ponte Carreira e Aiazo, “mellorando a seguridade viaria nun tramo moi concorrido e que non conta aínda con espazos habilitados para peóns”, salienta o socialista. “Trátase dunha reivindicación histórica da veciñanza e unha prioridade para a nosa agrupación socialista, polo que consideramos que se trata dunha excelente noticia para Frades”, subliña o voceiro.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes