O PSOE de Teo denuncia que o Concello volve perder subvencións da Deputación para xerar emprego
- “Só tres concellos da provincia perderon estas axudas por non solicitalas, e Teo é un deles”, lamenta Mayte Argibay
O PSdeG-PSOE de Teo denuncia que o Concello volveu perder, por segundo ano consecutivo, a subvención do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña para crear emprego no municipio.
Esta axuda destínase á contratación de persoas con especiales dificultades para atopar emprego, como maiores de 45 anos, persoas en paro de longa duración, mulleres ou familias monoparentais.
A voceira socialista local Mayte Argibay explica que “só tres concellos da provincia perderon estas axudas por non solicitalas, e Teo é un deles, cando poderían ter servido para impulsar a economía local”.
A portavoz lamenta que “a neglixencia do goberno do PP” provocou que Teo non opte a unha axuda que permitiu realizar 12 contratos anuais entre 2022 e 2024.
Argibay lembra que “ademais da perda de fondos e de emprego pérdese a oportunidade de mellorar servizos públicos, xa que os postos de traballo serían de mantemento de viais, limpeza ou conservación de parques e xardíns”.
“Esiximos que a alcaldesa lle explique á cidadanía por que leva dous anos desperdiciando esta oportunidade cando practicamente todos os concellos da Provincia a aproveitan”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS