O PSdeG esixe ao Goberno galego que execute as melloras nos centros educativos ferroláns e o pavillón do IES Ferrol Vello: “Unha promesa máis incumprida”
- Aitor Bouza critica, nun debate parlamentario sobre a cuestión, que o PP “orzamenta 40, promete 80 e despois executa 20”
Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, esíxelle á Xunta que execute as melloras e ampliacións que prometeu e en 7 centros de FP e institutos de Ferrol, así como no o pavillón deportivo do IES Ferrol Vello, por valor de 7 millóns de euros. Fíxoo no marco dun debate parlamentario respecto desta cuestión.
O socialista lembra que o conselleiro Román Rodríguez fixo esta promesa o 9 de decembro de 2023. “Pasou o ano 2024, pasou o ano 2025, estamos cos orzamentos do 2.026 que tanto alardea o Partido Popular”, pero as obras seguen sen executarse, lamenta, a pesar de gobernar o PP na cidade.
“Unha promesa máis incumprida, e vese que no 2026 tampouco ten previsto o Partido Popular desenvolvela”, lamenta Bouza. Mentres, “as condicións nas que se ten que impartir educación física son absolutamente lamentables”, denuncia.
O alumnado, explica o deputado, ten que “desprazarse a outra instalación está bastante afastada no que ten que ver a poder facer unha educación física en condicións lóxicas”. “O propio centro educativo ten que adiantar incluso os cartos para poder pagar os autobuses dos que ten que dispoñer”, critica.
Bouza salienta que isto supón “unha planificación extra que repercute evidentemente no ensino de todo ese alumnado, que non pode facer educación física no seu centro” coas consecuencias que iso ten.
“Queremos e poñer o foco onde onde está a cuestión máis importante, que xa que hai orzamentos, que non deixen as partidas sen executar”, subliña o parlamentario socialista. Pregúntase se “ten o partido popular pensado facer cando menos o propio proxecto, porque no orzamento a día de hoxe non se contempla nada”.
“Os compromisos plásmanse de maneira clara e evidente nos orzamentos con nome e apelidos”, afirma o socialista, xa que o PP “orzamenta 40, promete 80 e despois executa 20”. “Apoiaremos coma sempre ás reivindicacións da comunidade educativa, porque aínda que o Partido Popular non sexa capaz de entendelo, a comunidade educativa non está pilotada nin provocada, nin impulsada pola oposición”, conclúe Bouza, xa que só pide “unha educación pública de calidade e en igualdade de condicións que o resto de centros educativos”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS