Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio

  • Beatriz Carbón, Fran Romero e Conchi Rodríguez integran o renovado grupo socialista

O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro.

Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da lista electoral. O renovado grupo municipal de Cabanas quixo agradecerlles “o relevo, a xenerosidade e o enorme traballo desenvolvido ao longo dos anos tanto desde o goberno municipal como desde a oposición, sempre coa defensa dos intereses da veciñanza de Cabanas como prioridade”.

Esta renovación prodúcese nun momento clave para a política local. A corporación municipal de Cabanas está formada actualmente por 5 concelleiros do PP, 3 do PSOE, 2 do BNG e 1 de Somos Cabanas, polo que o Partido Popular goberna sen maioría absoluta.

“O resultado das últimas eleccións municipais foi claro: a veciñanza de Cabanas trasladou nas urnas que quería un goberno progresista, máis dialogante e máis próximo ás necesidades reais do municipio”, sinalou Beatriz Carbón, quen avanzou que o obxectivo do Grupo Socialista nesta nova etapa será “traballar con responsabilidade, diálogo e ambición para recuperar o goberno municipal”.

“Imos traballar para que Cabanas poida ter un goberno progresista que se preocupe das necesidades reais da veciñanza, fronte a un PP que goberna sen un proxecto claro de futuro para o concello”, afirman os integrantes do Grupo Socialista.

Desde o PSOE de Cabanas subliñan que afrontan esta nova etapa con unidade, ilusión e absoluta disposición para liderar o cambio que Cabanas precisa.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes