O PSdeG esixe á Xunta corrixir as deficiencias nas liñas de transporte público de Betanzos
- Silvia Longueira reclama no Parlamento galego que se inspeccionen e corrixan as incidencias e que se repoñan as frecuencias eliminadas
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia as deficiencias nas liñas de autobús de Betanzos, reclamando que se investiguen as causas das incidencias rexistradas e que se repoñan as frecuencias eliminadas.
“As veciñas e veciños de Betanzos seguen a padecer as deficiencias, un día tras outro, do transporte público”, afirma a parlamentaria socialista Silvia Longueira. Enumera “horarios que non existen e aparecen como tal, buses que rematan a súa capacidade e deixa na rúa á maior parte daqueles que están á cola para subirse ao autobús” entre outras problemáticas.
Por estas razóns, os veciños e veciñas de Betanzos “non poden chegar no seu horario ós traballos, non poden chegar no seu horario ós compromisos médicos, non poden chegar no seu horario a calquera das situacións que teñan que resolver día a día”, lamenta Longueira.
A socialista explica que ante isto vense obrigadas e obrigados a “organizarse entre os propios viaxeiros para poder desprazarse ou ben a Betanzos, ou ben á Coruña, ou ben a Ferrol”, dependendo así “da amabilidade dos estranos”. “É un auténtico caos que segue asolagar a toda a cabeceira de comarca en Betanzos”, engade.
“Por estes motivos, o Grupo Parlamentario Socialista insta á Xunta a inspeccionar as incidencias da liña de autobuses A Coruña – Betanzos, dando conta a esta cámara, no prazo dun mes, dos retrasos e anulacións de servizos de transporte”, anuncia a deputada.
A través dunha proposición non de lei tamén instan a repoñer de inmediato as frecuencias de autobús da liña A Coruña – Betanzos nos tramo horario de maior frecuencia para acudir e retornar ao traballo entre ambas poboacións.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS